Skip to Content

Act. Complementarias

Magosto 2013

O venres 8 de novembro, celebramos o noso magosto. Este ano por mor da choiva quedámonos sen os xogos. Os de infantil fixémolo no ximnasio e os de primaria no patio cuberto. Menos mal que as castañas estaban ben asadiñas e ben sabrosas porque as asou Rono, o castañeiro. Ao final deixamos todo requetelimpo!!

Samaín 2013

A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comunión cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Na escola celebramos coma todos os anos o Samaín. Decoramos as aulas, escoitamos historias de medo, fixemos exhibición de cabazas convertidas en divertidos monstruos ou personaxes e comimos merendas de medo...  Ao final de premio levamos un bonito marcapáxinas de recordo.

SOMOS DE SEGUNDO B

Os de segundo nas Fragas do Eume

O xoves 9 de maio fomos de visita ás Fragas do Eume.

 

Na ponte colgante de madeira....

E despois do paseo a merendar na alameda 

Distribuir contido


by Dr. Radut