Skip to Content

Act. Complementarias

SAMAÍN - HALLOWEEN 2014

Este ano tamén fixemos unha exhibición de cabazas no cole para celebrar o Samaín.

E levamos diplomas e todo!!!

Tamén fixemos uns móbiles de Halloween na clase de plástica. Blog de Arts and Crafts: Creative kids

Unha visita moi especial


O pasado martes (28 de outubro) visitounos Antonio Amado, arquitecto e ilustrador do libro "Historia dunha Lata" quen con moita amabilidade brindouse a relatarnos como foi elaborando as imaxes do libro e non dubidou en contestar todas as preguntas que lle fixemos.

Para finalizar, amosounos a súa facilidade para o debuxo e co seu ipad fíxonos gozar con todas as ilustracións que lle fomos solicitando, incluso un retrato da profesora Mª Carmen. 

Moitas Grazas Antonio. Es un verdadeiro artista!!!

Visita ao Castelo de San Antón

Entroido 2014

Este ano celebramos o Entroido disfrazándonos de peregrinos ou pelegríns. seguindo o tema do PAI: "O Camiño de Santiago"

"Ao Camiño de Santiago

  Hai que ir preparado

Amañemos pasiño a pasiño

  O disfraz do peregriño"

  O noso meco o primeiriño, velahí o tedes, que nos deu os seguintes mandados:

* O luns para non rabuñar, con luvas cobre as túas mans.

* O martes se a Vía Láctea queres ver, uns lentes has de traer.

* O mércores poñemos sombreiro, que a cachola é o primeiro.

* O xoves gravata, que o camiño case remata.

* O venres peregríns a disfrazar, polo Camiño de Santiago imos avanzar.

Para confeccionar os disfraces reutilizamos cartón de embalaxe para as máscaras, anacos de telas, as cunchas das vieiras que degustamos polo Nadal...

E a pesares da choiva fixemos o Camiño con ánimo e bo espíritu, como debe ser.

Distribuir contido


by Dr. Radut