Skip to Content

Act. Complementarias

Visita ao Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela.

Celebramos o Magosto

SAMAÍN 2016

O CEIP Salgado Torres celebra o Día da Muller cunha charla sobre xornalismo

Os nenos e nenas de terceiro de primaria interesáronse polo papel feminino nos medios

 

 Medio centenar de nenos e nenas de terceiro de primaria do CEIP Salgado Torres de A Coruña participaron esta mañá nunha charla sobre xornalismo con motivo do Día Internacional das Mulleres. Durante a actividade, organizada no marco do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, os alumnos interesáronse polo traballo da muller na prensa española a partir da figura da pioneira Josefina Carabias. Durante a charla, os nenos reflexionaron sobre a presencia da muller nos medios e sobre o camiño que aínda queda por recorrer para que as profesionais teñan máis espazo nos órganos de dirección, e tamén falaron das noticias que eles mesmos xeran e elaboran, como a do recente nacemento de varios pitiños que criaron no centro grazas a unha incubadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut