Skip to Content

Act. Complementarias

CONCERTO DE "MAMÁ CABRA"

Concerto de Mamá Cabra

 

Os alumnos/as de Educación Infantil e os seus compañeiros de 1º e 2º de Educación Primaria, teñen a sorte de desfrutar hoxe dun pequeno concerto  a cargo da vocalista do grupo galego Mamá Cabra, Gloria Mosquera Roel.

Seguro que o pasarán moi moi ben!

 

Día da Paz

SEMENTANDO PAZ

O pasado xoves, 30 de xaneiro, co gallo do “Día escolar da paz e non violencia” os rapaces e rapazas tiveron unha xornada moi especial pois o celebraron cunha xornada de “padriños e madriñas lectores”.

No seguinte enlace podedes ver un pequeno vídeo desta actividade tan chula.

https://drive.google.com/file/d/1cQGdrFjsGBegAWEhg5qISgT475gSlfP4/view?usp=drive_web

Ademáis, entre todos, fixeron unha árbore na que expresaban os seus desexos de paz.

 

 

EXPOSICIÓN DE OUTONO

 Exposición do outono

Estimadas familias e titores:

Este mes de novembro faremos unha exposición de figuras feitas con material de outono.

Podemos colaborar voluntariamente usando: castañas, landras, noces, millo, follas , piñas…

Interesante identificar cun carteliño nome da obra, técnica, e autor.

Tamén podemos aportar refráns desta época do ano.

Agradecemos tamén a aportación de mazorcas de millo para debullar.

Grazas pola vosa colaboración.

 

PROGRAMA FROITA FRESCA

PROGRAMA FROITA FRESCA

 

Entramos no último período de reparto de froita fresca deste ano.

Recordamos aquí algúns dos moitos traballos que fixemos ao longo do curso.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut