Skip to Content

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O período de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil dará comezo mañá xoves 9 de setembro.

No arquivo adxunto tendes os horarios establecidos para os diferentes grupos que se vos comunicaron na reunión inicial coa titora.

Que teñades un bo comezo de curso e benvid@s ao noso cole!

 

LISTAXES DE MATERIAL

Nos arquivos adxuntos tendes as listaxes de material para todos os cursos de Educación Primaria.

Ao longo da semana subiremos as de Educación Infantil, xa que debido ás obras no edificio o reconto do material estase demorando. Pedimos desculpas pola tardanza.

 

 

XOVES 9 DE SETEMBRO, COMEZAMOS!

ESTAMOS DE VOLTA!

Estamos de volta e cargadiñ@s de ilusión para este curso 2021/2022.

A vindeira semana serán as reunións coas familias. Ao final desta entrada tendes dous arquivos adxuntos que debedes ler atentamente:

  • Listado de alumnado por grupo (só están as iniciais de nome e apelidos debido á Lei de Protección de Datos).
  • Calendario de reunións.

Ás reunións só poderá asistir un membro da unidade familiar e accederase pola porta que ten timbre, a que está ao lado do portalón grande.

Ao longo destes días iremos subindo máis información sobre os horarios das entradas e o novo protocolo anti-covid.

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición!

Un saúdo do Equipo Directivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut