Skip to Content

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!

 

Benvidos ao novo curso escolar tan atípico.

Sabemos que estades a desexar ter información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas.

Aínda estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19, o cal é modificado case diariamente.

En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro será publicado tanto na páxina web, comunicado pola aplicación Abalar e trasladado a ANPA.

Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 

Do que si podemos informar é que o comezo das clases será coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial.

 

  •  O venres 11 comezarán as clases  o alumnado de de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

A entrada estes dous días serán en horario escalonado.

 

Disculpade as molestias e moitas grazas pola vosa comprensión.

 

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES CURSO 2020-21

 

Dende mañá, dia 19 de agosto e ata o 04 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores xestionado pola ANPA do centro.

 

Toda a información pódese atopar nos ficheiros adxuntos e na páxina da ANPA AVANTAR: https://blogavantar.blogspot.com/

Fórmularios de inscrición ANPA:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdUA7HP21gxTA4ssNfs5wGJg-8t--B2OHuV_934jxNcVHEC2g/viewform?usp=send_form

 

A dirección do centro.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 2020-21

LISTAXES DEFINITIVAS

Xa están publicadas as listaxes definitivas de Fondo Solidario de libros de texto. Poden consultalas no taboleiro do centro ou ben a través da aplicación Fondolibros da Consellería.

Os vales das axudas poden recollerse a partir de mañá e ata o vindeiro mércores ou ben en setembro.

 

O equipo directivo

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

 

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

 

* Detectouse unha errata no libro de inglés de 1º de educación primaria. O ano de publicación é 2018. Disculpen as molestias.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut