Skip to Content

LISTADOS DE MATERIAL DE AULA - EDUCACIÓN PRIMARIA

Nos documentos adxuntos poden consultar as distintas listaxes de material de aula para Educación Primaria.

 

 

DECLARACIÓN RESPONSABLE

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Como xa vos comentamos nas distintas reunións de titorías e dada a situación excepcional que estamos a vivir, é necesario que todos colaboremos en evitar a propagación do virus e manteñamos unha aptitude responsable, evitando que os nosos-as fillos-as non acudan á escola ante a sospeita de aparición de síntomas compatibles coa COVID 19. É por iso que a Consellería obriga á sinatura dunha declaración responsable por parte das familias, que é necesario cumplimentar e asinar.

Esta declaración debe ser entregada ó profesorado titor antes do día 16 de setembro 

No anexo I do protocolo, figura a seguinte enquisa que pretende ser útil para poder identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus.

 

Ambos documentos os atoparedes nos arquivos adxuntos.

Grazas pola vosa colaboración.

 

PARABÉNS A TODOS OS NENOS E NENAS

Estimadas familias,

Todo o claustro de profesores e o equipo directivo queremos darlles os parabéns ás nenas e nenos que nestes

dous días incorporáronse de novo ao centro e agradecervos a vosa colaboración que fixo que todo saíra moi

ben!!!

 

Recordarde que o luns xa comezamos co horario habitual de entradas e saídas. É moi importante a puntualidade

para evitar as aglomeracións diante das portas, principalmente á hora da saída.

 

Grazas pola vosa colaboración

O equipo directivo

 

AXUDAS INDIVIDUALIZADAS TRANSPORTE ESCOLAR 2020-21

 

 Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda individualizada para o transporte escolar. Poderanse acoller aquelas familias que cumpran os requisitos establecidos.

Toda a información pódese consultar no arquivo adxunto.

O prazo está aberto ata o 25 de setembro.

Para presentar a solicitude será preciso pedir cita previa no teléfono da secretaría do centro: 881 880 834

 

Distribuir contido


by Dr. Radut