Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Alumnado destinatario.

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunhas das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 11:30h e de 12:30 a 13:30h

  • Prazo presentación: desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ámbolos dous incluidos.

     ANEXO I E ANEXO II.

          Anexos I, Anexo II pinchar aquí

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

 

 

INFORMACIÓN BECAS COMEDOR CONCELLO DA CORUÑA

Estimadas familias: 

O concello ven de publicar ás listaxes predefinitivas das persoas admitidas no seu programa de becas de comedor para o curso 2020-2021.

Todas aquelas familias incluidas na listaxe que no estén dados de alta no servizo de comedor a través da páxina web da empresa : www. jardanay.es, deberán inscribirse.

O prazo abrangue desde o 28 de outubro ata o 01 de novembro de 2020 ata as 23:59h.

Toda a información pódese consultar nos arquivos adxuntos.

 

O equipo directivo

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA- EDIXGAL

Estimadas familias: 

Os alumn@s de 5º de Educación Primaria traballaran este curso  coa plataforma de Edixgal. No adxunto pódese consultar o folleto informativo do programa.

 

A Dirección 

 

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias: 

Debido as circunstancias que estamos a vivir a causa da Pandemia, a xunta directiva da nosa ANPA "AVANTAR", tomou a decisión de non ofertar, polo de agora. actividades extraescolares fora do horario lectivo. Desde o equipo directivo apoiamos esta decisión para evitar, na medida do posible, a aparición de gromos.

No documento adxunto pódese consultar a nota informativa elaborada pola ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut