Skip to Content

Campaña solidaria de recollida de alimentos

Estimadas familias, comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da  provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.
Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración. Recibide un cordial e afectuoso saúdo.
 
O equipo directivo e o claustro de profesores.

ENQUISA

Queridas familias:

Agradecemos a vosa participación no cuestionario sobre o efecto do consumo de medios tecnolóxicos na vida diaria dos nenos/as que podedes cubrir no enlace que aparece a continuación.

Isto forma parte dunha investigación levada por un compañeiro do centro para un traballo de investigación da Universidade de A Coruña. A vosa axuda e colaboración suporá un gran avance na investigación que se está a levar a cabo.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

https://actitudesyfamilia.blogspot.com/

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O REPARTO DE MÁSCARAS

Xa están expostas, no tabloleiro do centro, as listaxes definitivas do alumnado de Educación Primaria admitido para o reparto de máscaras 

As máscaras repartirarse despois das vacacións de Nadal, por mor de falta de existencias  das mesmas  no almacén, debido a gran demanda.

Informaremos do reparto por este mesmo medio e pola plataforma Abalar.

 

A Dirección do centro

Días non lectivos en decembro e vacacións de Nadal

Queridas familias:

Informamos de que, tal e como marca a orde do calendario escolar, o vindeiro día 7 de decembro non é lectivo por ser designado pola Consellería de Educación como o Día do Ensino. 

As vacacións de Nadal serán do 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive. Polo tanto, o último día das clases é o día 22 de decembro aínda que a entrega de boletíns trimestrais sexa o día 21 de decembro.

Un saúdo,

o equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut