Unha escola en Sada

Estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos

Sada y sus Contornos. 80 aniversario da escola. 1928-2008

Manuel Lugrís e as Mariñas de Sada

 

Sociedad Sada y sus Contornos

No ano 1913 os emigrantes da vila de Sada fundaban en Nova York a Sociedad Sada y sus Contornos coa finalidade de construír escolas neutras na súa vila natal. Nos anos 20 empezan a construción das escolas de Sada que inician a súa actividade no curso 1927 – 1928. Os primeiros exames teñen lugar o 8 de xullo de 1928 coa asistencia do presidente honorario da Sociedade D. Manuel Lugrís Freire, quen con tal motivo dedica o seu poemario As Mariñas de Sada á Sociedad Sada y sus Contornos.

Oitenta aniversario

No curso 2007 – 2008 a comunidade educativa deste centro conmemorou o oitenta aniversario do centro organizando diversos actos ente os que cabe citar:
-Acto de clausura do curso escolar. A Consellería de Educación celebrou o acto de clausura do curso 2007-2008 no noso centro.
-Placa conmemorativa. No mes de abril o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Sada aprobou por unanimidade unha declaración institucional recoñecendo a labor solidaria e educativa da Sociedad Sada y sus Contornos. Coincidindo co fin do curso o Concello colocou unha placa conmemorativa na fachada do edificio escolar.
-Exposición 80 aniversario. Do 16 ao 20 de xuño estivo aberta ao público unha exposición composta por 15 paneis con fotos e documentos sobre os 80 anos de vida do centro escolar. Tamén contamos coa Aula histórica do Museo Pedagóxico de Galicia, ambientada nos anos 50 do pasado século, e cunha mostra de materiais do MUPEGA.
-Estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos.  Reedición dos estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos de Nova York que foron aprobados en 1914 e revisados en 1918.
-Publicación "Sada y sus Contornos. 80 aniversario da escola. 1928-2008". O autor da publicación foi Miguel Gayoso Barreiro, director do Colexio Sada y sus Contornos.
-Placas conmemorativas do aniversario. O IES Isaac Díaz Pardo de Sada colaborarou co colexio de Sada y sus Contornos a través do seu ciclo formativo de cerámica, elaborando unhas placas conmemorativas que se entregaron aos alumnos.
-Cóntanolo. Xuntanza de ex-alumnos, profesores e persoas relacionadas coa Sociedad Sada y sus Contornos e coas escolas que tivo lugar o15 de febreiro de 2008.