Skip to Content

Grace O´Malley

Actividades da promoción 2013

Excelentes Mulleres Científicas E=mc2

 

Ciencia en Movemento achega ao alumnado de 5º e 6º algunhas das Excelentes Mulleres Científicas (E=mc2 ) a través dunha actividade xenial!.

Mulleres tan importantes como Rosalind Franklin, Hedy Lamar ou Hipátia de Alejandría en moitas ocasións non foron recoñecidas e incluso foron menospreciadas.
 
Chama a atención que as mulleres ata non hai moito tempo non puideran ir á universidade, a un laboratorio ou a un observatorio. Aínda así, acadaron logros importantes como fotografar por 1° vez o ADN (fito polo que lle foi outorgado o Premio Nobel a 3 homes que se apropiaron do seu traballo), descubrir como medir a densidade dos líquidos ou o xa imprescindible Internet.
 
Destaca a postura de Pierre Curie, pois cando lle concederon o Premio Nobel por ter descuberto o radio, decidiu non aceptalo se non era compartido coa súa muller, Marie Curie.
 
Con esta actividade queda demostrado que temos que seguir visibilizando a todas estas mulleres tanto para poñelas en valor coma para empoderar ás nosas alumnas e amosarlles que ser muller non é un empedimento para lograr o que se propoñan.

Material para o curso 20-21

Listado do material para o curso 20-21

Festival de Nadal 2019: Actuación 4º

Un ano máis despedimos o 1º trimestre co noso popular Festival de Nadal.

A choiva quixo ser tamén protagonista pero non conseguiu amedrentar ao público que un ano máis encheu o centro cultural de Rubiáns.

O alumnado de 4º representou o baile "Hoxe vou ser rei león" da película "O rei león"

Excelente traballo, non credes?

Distribuir contido


by Dr. Radut