Skip to Content

Multimedia

Os axentes de Rubiáns

Un dos clásicos do verán, ademáis do churrasco é a canción do alumnado de Rubiáns.

Estes rapaces, xunto ao profe Borja, súperanse cada ano e compoñen outra canción que unha vez máis se vai converter nun éxito sen precedentes. En breve soará en todas as emisoras de radio e en todas as verbenas do noso país.

Seica este ano pasaron un pouco de medo por culpa dun Plasticón que andivo polo medio, pero os "Axentes de Rubiáns" poden con todo!!!

Esperamos que vos guste!!

Podedes ver as cancións doutros anos no apartado Multimedia da nosa web!

 

Telexornal de Rubiáns

O Telexornal de Rubiáns é un dos eventos máis esperados por toda a comunidade educativa. Este ano debido á pandemia, démoslle unha voltiña pero non podiamos deixarvos sen el.

Esperamos que vos guste velo tanto como a nós facelo!

Feliz verán!

Este era un ano de cine! Comezamos na alfombra vermella, e quen sabe como acabariamos!

Áinda que temos o listón moi alto, xa sabedes que a cabeciña non para é a nosa imaxinación non ten límite! 

Así, emulando a Braveheart queremos dicirlle ao Coronavirus: "pode que nos quites o festival, a excursión, a canción do verán... pero nunca nos quitarás a ilusión, o cariño, as ganas de facer cousas e de poñer un sorriso nas caras do noso alumnado"

Con este vídeo queremos despedirnos e desexarvos un verán estupendo. Gozade das cousas pequenas, da familia, do aire libre.... cargade as pilas e vémonos en setembro!

Despedida de 6º

Se alguén saíu prexudicado da situación que vivimos este curso é a promoción de 6º.

O alumnado non puido gozar de todas as actividades que poñen o broche de ouro ao seu paso polo cole:

- A excursión de fin de etapa, na que tan ben o pasan.

- O telexornal, do que son os principais protagonistas.

- O festival, no que son os presentadores/as.

Non podiamos deixar que marcharan sen máis. Así que, polo menos, gravaron este vídeo para lembrar a súa estadía no cole e despedirse de todos nós.

Desexamos que vos vaia moi ben no instituto e sabedes que as portas do "voso cole" están sempre abertas para que veñades a visitarnos,

Día do libro

Para celebrar este día tan importamte, os mestres e as mestras do cole quixemos facer algo especial. Decidimos achegarnos a vós aínda que fose a través dunha pantalla, contándovos unha fermosa historia que preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

Ademais, no blog da biblioteca, Sabela deixouvos algunhas actividades moi interesantes. Atrevédesvos con elas?

E lembrade que, agora máis que nunca,  a lectura é un gran remedio para o aburrimento.

Telexornal 2019

Un ano máis presentámosvos o Telexonal de Rubiáns, un resumo a modo de noticiero de todo o que pasa no cole durante o curso.

O alumnado de 6º é o encargado da súa elaboración, quedoulles moi chulo, non si?

Esperamos que vos guste!!

Contigo

Como cada ano por estas datas chega a canción do verán!

Nesta ocasión fixemos un repaso do máis representativo da nosa terra (lugares, gastronomía, música e lingua)

Tiñamos o listón moi alto despois dos éxitos dos veráns pasados (Que bonito é ser muller!, O Bosque de Sabela ou Coida o mar!  A máquina do tempo) pero a canción deste ano vai soar en todas as festas!

a

Move like the dinosaurs!

Aos nenos e nenas de 5 anos gustoulles tanto esta canción que non puidemos deixar pasar a ocasión de gravar o videoclip.

A calidade non é a que nos gustaría pero queremos compartilo con vós igualmente.

Videoclip "Concepción Arenal"

Os que nos seguides xa sabedes canto nos gusta facer versións de cancións e gravar "videoclips". Tamén sabedes que un dos alicerces do noso cole é a IGUALDADE (3 dos nosos proxectos foron premiados no concurso de Boas Prácticas na Escola "Igualdá" do Concello de Vilagarcía e 1 mereceu o Premio Nacional do Ministerio de Educación).

Nesta ocasión, o alumnado de infantil (5 anos) mesturou a igualdade co proxecto deste curso "Sabela coñece Galicia" e traduciu e versionou a canción sobre Concepción Arenal de "Los Lunis de Leyenda".

Tres alumnas de 6º puxeron as súas voces e o alumnado de 5 anos interprétaa con moita credibilidade, non vos parece?

Distribuir contido


by Dr. Radut