Skip to Content

Autorizacións de uso de transporte escolar 2019/2020

Adxúntanse as autorizacións para solicitar o uso da praza de autobús nas paradas:

  • Rotonda das Carolinas
  • Avenida das Carolinas

Deberase entregar a autorización antes do 2 de setembro.

 

Formulario Autoliquidación do comedor 2019/2020

Deberase entregar no cento o formulario de autoliquidación antes do 4 de setembro.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Aquí lles deixamos a listaxe dos libros de texto de Educación Primaria para o próximo curso escolar 2019-2020.

Telexornal 2019

Un ano máis presentámosvos o Telexonal de Rubiáns, un resumo a modo de noticiero de todo o que pasa no cole durante o curso.

O alumnado de 6º é o encargado da súa elaboración, quedoulles moi chulo, non si?

Esperamos que vos guste!!

Contigo

Como cada ano por estas datas chega a canción do verán!

Nesta ocasión fixemos un repaso do máis representativo da nosa terra (lugares, gastronomía, música e lingua)

Tiñamos o listón moi alto despois dos éxitos dos veráns pasados (Que bonito é ser muller!, O Bosque de Sabela ou Coida o mar!  A máquina do tempo) pero a canción deste ano vai soar en todas as festas!

a

Festival de fin de curso!

Como cada ano pechamos o curso cun festival moi alegre cheo de música e ledicia.

Non podía faltar na cita actual o Telexornal (publicado xa na web). Resumo, da man do alumnado de 6º,  de todo o acontecido no cole durante o curso e que fai rir a grandes e pequenos.

Outro clásico do noso festival é a presentación do noso video clip musical, nesta ocasión "Contigo" unha canción coa que damos conta de todo o marabilloso que ten a nosa terra.

E despois de moitas actuacións musicais e ata unha obra de teatro moi divertida, pasamos ás despedidas; Os de 5 anos din adeus á súa etapa de infantil e despois o máis triste do ano: a despedida do alumnado de 6º e dos profes que xa non estarán con nós no vindeiro curso.

Podedes ver unhas imaxes de todo o acontecido no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste e Felices Vacacións!!

Festa do Deporte

Como cada ano, na última semana de curso celebramos a Festa do Deporte.

Descubrimos deportes menos coñecidos, nesta ocasión o Kenpo.

Da man de Mario Hermo, entrenador de Kenpo Vilagarcía, coñecimos esta arte marcial de orixe xaponés.

Primeiro tivemos unha charla moi interesante e logo pasamos á acción.

No seguinte vídeo podedes ver que ben o pasamos.

Gracias a Kenpo Vilagarcia por achegarse ao cole e ensinarnos este interesante deporte.

Dani&Friends visita Rubiáns

O tempo meteorolóxico xogounos hoxe unha mala pasada.Tiñamos previsto facer a excursión de fin de curso pero as previsións non eran nada boas, así que decidimos suspendela :-(

Pero claro, xa sabedes que en Rubiáns non podemos estar quietiños; e se non había excursión..... algo teriamos que facer, non si? Pensamos, pensamos pensamos e ocurréusenos facer "a festa dos calcetíns" pero como necesitabamos música para poder lucir e bailar cos nosos calcetíns chamamos a Dani&Friends para que amenizara a festa.

Pásamolo en grande cantando e bailando con Dani e o seu grupo.

Seica moitos pensan que foi unha sorte que non fixera bo tempo. Xa sabedes o que soemos dicir por Rubiáns:

Se chove....... que chova!!

Visita do Equipo de fútbol

Hoxe visitounos o equipo de Fútbol Feminino Atlético Arousana, popularmente coñecido como "Arousanas" e entre as xogadoras do primeiro equipo estaba Laura, antiga alumna do cole, á que nos fixo moita ilusión ver de novo e lembrar como regateaba aos compañeiros nos partidos dos recreos!

Despois dunha charla nas que nos contaron moitas cousas, dende cando xogan, que trofeos gañaron... e na que non podía faltar falar das desigualdades que existen entre o deporte feminino e másculino, sobre todo no fútbol! fixemos unha "práctica" con elas. Que divertido!

Pasámolo moi ben! Graciñas pola visita!

Creactivity

O venres tivemos a sorte de poder contar co autobús itinerante Creactivity de EduCaixa.

Puidemos facer varias actividades:  obradoiro de stopmotion, circuitos por onde tiñamos que pasar unha bola, construír un obxecto voador e logo pasalos polos túneles de vento para ver cal voaba máis alto e tamén tivemos que facer funcionar varios xoguetes electrónicos cunha dinamo.

Foron unhas actividades moi interesantes e divertimos moito. 

Distribuir contido


by Dr. Radut