Skip to Content

Monicreques Samaín

Este ano polo Samaín cambiamos as cabazas por monicreques!

E como o proxecto deste curso é Sabela, cámara acción! non podiamos facer outra cousa que un Samaín de cine..... de terror, claro.

Así que o cole encheuse de Freddy Krueger, Maléfica, Chucky, Jack Skeleton, Joker, Frankenstein, A noiva cadáver, bruxas, vampiros, momias, pantasmas e demais personaxes do xénero cinematográfico máis terrorífico.

Coma sempre temos que agradecer a colaboración das familias que derrocharon unha imaxinación e unha creatividade incrible.

Viaxamos a Extremadura e Andalucía!

Este curso tivemos a sorte de ser seleccionados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para participar nunha Ruta Científica, Artística e Literaria. A nosa foi a ruta 5 e permitiunos coñecer unha morea de lugares interesantes e compartir a experiencia cos nenos do CEIP San Miguel de Nerja (Málaga).

Visitamos Mérida, Aracena, Sevilla e Cádiz. Cociñamos con produtos ecolóxicos, montamos en moto de carreiras, acariciamos cabalos, eguas e poldros, disfrazámonos, convertémonos en espeleólogos e mineiros... Foi unha viaxe marabillosa, mirade!

Queremos agradecer ás entidades que colaboraron connosco para agasallar aos nosos compañeiros malagueños: Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilagarcía de Arousa. Porto de Vilagarcía de Arousa, Agrupación de Parquistas de Carril e Mexillón de Galicia.

Semana Deporte Escolar e polo clima

Esta semán foi moi intensa no cole, pero iso non é novidade non si? Sempre facemos un montón de cousas pero nesta ocasión xuntaronse dúas conmemoracións. Como en Rubiáns somos moi activos non quixemos perder ningunha delas (incluso tivemos algunha actividade máis) así que celebramos a Semana Europea do Deporte Escolar e tamén a Semana polo Clima.

O luns, o tempo non nos permitiu realizar as carreiras de relevos que tiñamos programadas pero o martes si pudiemos disputar uns partidos de brilé mói intenso.

O mércores saltamos á corda.

 

O xoves tivemos a visita dos monitores do Xinmasio Olimpic para facer unha demostración de Taekwondo e Zumba.

Educación Viaria

O noso centro participa no Programa de Educación Viaria do Concello de Vilagarcía. 

O alumnado de 6º é o que máis sorte ten porque, grazas a este programa ademais de aprender moito sobre seguridade viaria, pon en práctica todo o aprendido no circuíto de bicis e karts que a Policía Municipal monta en FEXDEGA.

Pasámolo en grande!

Moitas grazas, un ano máis, á Policía Local.

Sesión de curtas!

Ao chegar ao cole o primeiro día entregáronnos unha entrada de cine que tiñamos que conservar.

Todos nos preguntabamos para que sería.

O xoves desvelouse o segredo: tiñamos unha sesión de curtas!

Para iniciarnos no proxecto deste ano visualizamos diferentes curtas; unas fixeronnos rir e outras asomaron algunha bágoa aos ollos e de todas aprendemos algo.

Quen é quen?

Este curso vai ser de cine!

Para empezar terás que recoñecer os personaxes das que veñen caracterizados os profes e a que peli pertencen!

É moi fácil! Fíxate ben!

Completa a ficha que te entregaron no cole e, cando finalices deposita o papel na caixa de correos da entrada da biblioteca antes do 17 de stembro.

Se tes todo correcto recibirás cromos para completar o álbum de Sabela.

Boa sorte e ..... Sabela, cámara e acción!!

Inicio de curso 2019-20

Comezamos un novo curso cargados de ilusión.

Este vai a ser un ano de película pois o proxecto será: Sabela cámara e acción!

Así que, da man de Sabela, aprenderemos un montón de cousas sobre o cine.

Todo estaba preparado para a gran estrea no Cine Rubiáns e aínda que os verdadeiros protagonistas son o noso alumnado, esta vez os mestres decidiron recibilos caracterizados de protagonistas de película! Foi moi divertido!

A nota predominante de toda a xornada foi a ledicia polo reencontro pero tamén tivemos algún que outro chouro (pouca cousa eh!)

Finalizamos a xornada cos xogos de benvida que nesta ocasión estiveron ambientados en diferentes películas infantís.

Pasámolo en grande!

Domicialiación do pago do comedor

Os usuarios de comedor que deban aboar os menús consumidos deben entregar o documento de domiciliación no centro antes do venres 13 de setembro.

CENTRO E-DIXGAL

O noso centro foi seleccionado para participar no progama E-dixgal, polo que o vindeiro curso o alumnado de 5º de primaria non empregará libros de texto en papel como base da súa aprendizaxe.

As familias que presentaron a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e cumpra os requisitos, mantén o dereito a elas.

Distribuir contido


by Dr. Radut