Skip to Content

Día Europeo do Mar

Sabela, chef de Rubiáns

Convertemos o Día Europeo do Mar (20 de maio) nunha festa. Por eso, o venres 19 faremos unha actividade que iniciamos o curso pasado e nos gustou moito: O chef de Rubiáns.

Teatro in English!

O vindeiro xoves o alumnado de infantil a terceiro poderá gozar dunha obra de teatro en inglés.

Nesta ocasión trátase da obra "Farmyard"

Graciñas a Kids & Us Vilagarcía por achegarnos esta obra ao cole.

Cartel da obra de teatro

Imós mariscar!

Hoxe foi a quenda dos peques do cole para ir mariscar. Os maiores viñeron tan contentos o outro día que nós non quixemos ser menos.

E alá que fomos! Esta vez á Vilaxoan coa bióloga e as mariscadoras da Confraría que nos ensinaron un montón de cousas.

Lembramos as ferramentas que se empregan para mariscar, as diferenzas entre as distintas variedades de ameixas (fina, babosa, xapónica), o cupo para cada unha ..... Quedamos abraiados co tamaño das ameixas, eran enormes!!! As pequeniñas devolvémolas para que poidan medrar e converterse en ameixas grandes e saborosas.

Despois de apañalas fomos á lonxa onde as clasifican e as etiquetan para a poxa, despois pasarán ás depuradoras para que cheguen á praza e aos supermercados nas mellores condicións para o consumo.

Cansados de tanto traballar pero moi contentos voltamos ao cole!

Moitas grazas ás mariscadoras por tratarnos tan ben e explicarnos tantas cousas.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

11/05/17 - Faro de Vigo | Los niños del colegio de Rubiáns se convierten en mariscadoras por un día

11/05/17 - La Voz de Galicia | Jornada de marisqueo para los niños de Rubiáns

11/05/17 - La Voz de Galicia. Los pequeños de Rubiáns se van de marisqueo

11/05/17 - La Voz de Galicia. Mariscando en Vilaxoán

 

Guardar

Visita ao Museo do Mar de Galicia

Hoxe visitamos o museo "máis divertido do mundo" segundo algún, e ao que moitos queren volver.

O alumnado de 3º e 4º fixo un obradoiro para coñecer máis de preto a Cultura Mariñeira e tiveron ocasión de pescar ou achegarse á caza da balea, ademais de ver de preto colmillos de cachalote, barbas de balea e reproduccións de varios animais.

O alumnado de 5º e 6º puido coñecer de preto a evolución do traxe de mergullo ata a aparición do primeiro submariño, e que é unha obra de inxenieria excepcional do vigués Sanjurjo. Despois puideron facer un rápido percorrido polo museo vendo mostras de animais, maquetas de barcos, ferramentas coas que se limpou o chapapote que chegou ás praias co afundimento do Prestige, distintas artes de pesca e de conservación dos peixes...

Alí había tamén un acuario que reproduce o fondo mariño da ría. Puidemos ver tiburóns, rodaballos, raias, centolas, abadexo, un banco de xureis... Os tiburóns pintarroxa, que son máis coñecidos como melgacho ou cazón estaban en plena posta de ovos e tivemos a sorte de velos enganchados nas rochas coma no seu hábitat natural. Noutra vitrina estaban ao carón de ovos e 2 crías de raia.

Foi unha mañá moi completa que nos pasou voando.

Obradoiro: O sabor da aventura está no mar!

Unha das actividades do Proxecta "Aliméntate ben" na modalidade "O sabor da aventura está no mar" é un obradoiro que resultou do máis divertido.

Aínda que xa os coñeciamos, presentáronnos á pandilla dos Arroases e aprendemos cales son os seus "superpoderes" (o seu principal aporte nutricional...)

Logo fixemos uns xogos moi divertidos con cada arroaz para enchernos de enerxía e rematar co xogo da Pescada!!

Incidimos na importancia de coidar o noso mar que tanto beneficio nos aporta e tamén descubrimos moitas maneiras diferentes de comer peixe: non parecían pratos de peixe!!

 REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia 03/05/17 - "Qué bueno es comer pescado"

Maios 2017

No CEIP de Rubiáns gústanos manter as tradicións, a pesares de que algunhas supoñan un sobreesforzo no moito traballo diario que realizamos. Pero aínda así cada ano mantemos a ilusión por facer uns maios ben bonitiños e sempre en relación ao proxecto que estamos a levar a cabo, por iso este ano tiñamos que "embarcarnos" e participar nunha modalidade na que nunca nos atreveramos: as barcas!

Recolectamos flores, fiuncho, margaridas, cocos, ovos, paus, xestas, follas de camelio e níspero, borras do cafe...e este ano ademais cunchas mariñas.

Dende os máis pequenos ata os maiores repartimos os traballos: pintamos os ovos, facemos collares de margaridas e de cocos, cadeas de fiuncho...... canto traballiño!

Ademais durante toda a semana aproveitamos os recreos para ensaiar as nosas coplas, que non nos gusta desafinar!

Dende o cole queremos agradecer a colaboración das familias durante toda a semana e destacar ás que se acercaron a cantar o luns, sen vós non sería posible. GRACIÑAS!!

 

O sabor da aventura está no mar

Dentro do Proxecta "Aliméntate ben" e na modalidade "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Conselleria do Mar achégamonos polo miúdo e en directo a un traballo moi duro realizado tradicionalmente por mulleres: as mariscadoras! 

Esta vez fomos a Illa de Arousa, no só para ver como traballan estas mulleres senón tamén para comprobar in situ o proceso que segue o marisco dende a súa extracción nas praias ata que chega ás nosas mesas. 

Ben equipados, coas botas de auga, axudamos a apañar ameixas e así aprender as diferenzas entre as especies ( xapónica, fina e babosa). Fixemos unha boa captura aínda que tivemos que devolvelas ao mar, pois as mariscadoras xa tiñan o cupo cuberto.

Despois fomos á lonxa e descubrimos que antes de entrar,  aínda que as mulleres levan ben calculado os pesos e tallas permitidos, pesanllas e comproban que non se pasan das cantidades establecidas nin levan pezas pequenas.

Logo pasan á lonxa onde son clasificadas e etiquetadas para a poxa. E por último pasarán polas depuradoras para poder chegar ás plazas e aos supermercados nas mellores condicións para o seu consumo. 

Aproveitando que na lonxa había outros mariscos como os longueiróns, mexillóns e reloxios, tamén nos contaron moitas cousas moi interesantes sobre eles.

No porto aprendemos a diferenciar as embarcacións dependendo do seu uso, e ata sabemos que número teñen que levar no folio (matrícula) dependendo se son de pesca, recreo ou bateeiros. 

Para finalizar agasalláronnos cunha degustación de produtos do mar.

Foi unha xornada moi produtiva na que aprendemos moito máis sobre o noso mar!

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS: 

25/04/17 - Informativos TVG - Os cativos de Vilagarcía coñecen de preto o oficio das mariscadoras. 

Facebook Os arroases.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Día do Libro 2017

Para conmemorar o Día Internacional do Libro realizamos unha actividade que nos gusta un montón: o apadriñamento lector.

Maiores e pequenos gozamos do pracer de ler en compañía.

Este ano, ademais, para atopar aos padriños/afillados tiñamos unha tarefa "especial". Os padriños/madriñas tiñan unha foto dunha escultura relacionada co mar e os afillados/as tiñan o nome desa escultura. Así, o azar xuntou a pequenos con maiores e xuntos buscaron o lugar que máis lles gustaba no patio para gozar do libro que Sabela tiña preparado para cada un.

Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns fermosos marcapáxinas mariñeiros.

Teño unha pregunta para vostede!

No CEIP de Rubiáns seguimos coñecendo a mulleres cun traballo relacionado co mar. Agora, cada clase ten que facerlle unha entrevista a unha muller reflexando a situación en diferentes sectores e o alumnado de 6º elixiu facerlle a súa entrevista á Dona Rosa Quintana, co pensamento de que cabía a posibilidade de que non puidese atendelos. E tanto non foi así que decidiu vir ao noso centro para que lle fixeran aquí a entrevista.

Que interesante foi para todos nós! Descubrimos que detrás dunha política hai moito traballo, dedicación e esforzo, e que -coma nos demais traballos- quen máis o nota é a familia, que ten que compartila.

A Sra. Quintana explicounos que a pesares de que se cre que o mar é un mundo de homes ela nunca tivo problemas no seu traballo por ser unha muller. Tamén soubemos que están a traballar para reducir a desiguldade e que as mulleres poden adicarse profesionalmente ao traballo nas confrarías dende hai ben pouco tempo, pois antes non podían facelo a pesares de formar parte dela ou que as mulleres agora xa poden enrolarse nos barcos, pois antes críase que traía mala sorte ter unha muller a bordo.

Despois da entrevista todo o alumnado entrou na sala para agasallar á nosa convidada cunha canción composta por eles.

Foi unha experiencia moi enriquecedora a vivida hoxe no noso colexio e non a esqueceremos xamais. Tomámoslle a palabra e devolverémoslle a visita no seu despacho.

Moitas grazas!

Repercusión nos medios:

21/04/17 - A Revista TVG - minuto 22:15 a 25:42

20/04/17 - Diario de Arousa - Rubiáns descubre cuando Rosa Quintana vió por primera vez el mar.

20/04/17 - Faro de Vigo - "Sabela e o mar" llevan a Rosa Quintana a Rubiáns. 

19/04/17 - Informatios TVG: Nenos de 6º de primaria entrevista á Conselleira do Mar.

19/04/17 - Diario de Arousa. Os nenos do colexio de Rubians cántanlle á Conselleira do Mar.

19/04/17 - La Voz de Galicia. Rosa Quintana se somete a las preguntas de los niños de Rubiáns.

19/04/17 - Xunta.gal -  Rosa Quintana destaca o labor do CEIP Rubiáns no ensino de temáticas mariñeiras.

19/04/17 - galiciaconfidencial.com

Guardar

Guardar

Mariscadoras!

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Guadalupe a nai de Alba Queiro de 3 anos veu ao cole coas súas compañeiras Imma e Rita para contarnos no que consiste o seu traballo. 

Explicáronnos as ferramentas que empregan e como se usan.

Todo o proceso da ameixa, dende a semente na praia ata a venda na lonxa. As diferentes variedades, o cupo que poden coller cada día ....e un montón de cousas moi interesantes. 

Foi unha charla moi amena na que aprendemos moito sobre o duro traballo que fan as mariscadoras. 

Moitas grazas pola visita! 

Distribuir contido


by Dr. Radut