Skip to Content

Theatre in English

Hoxe tivemos a sorte de volver a gozar dunha obra de teatro no cole! Esta vez o equipo de Kids&Us representou a obra "Under the sea" e coma sempre pasamos un rato moi divertido. 

Mil grazas a Kids&Us pola súa visita! 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

 

A Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG de 20 de maio, regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.

d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL

Letras Galegas 2018

Este ano para conmemorar as Letras Galegas tivemos un espectáculo de títeres moi divertido.

Sabela e o páxaro máxico da compañia Tarabelos fixo as delicias do alumnado, pero antes coa técnica do Kamishibai falamos sobre a homenaxeada este ano, María Victoria Moreno.

Concerto

Hoxe recibimos a visita dos profes da Escola Municipal de Música de Vilagarcía.

Coma sempre foi un concerto moi divertido e no que aprendemos un montón de cousas.

Mil grazas pola visita, agardámosvos para o ano que ven!

Chef de Rubiáns 2018

Por terceiro ano consecutivo celebramos unha actividade que nos encanta, "O Chef de Rubiáns".

Este ano, enmarcado no proxecto de Historia centramos as nosas receitas nos cereais, empregados dende a prehistoria como base fundamental na alimentación ao longo dos séculos.

Contamos, como o ano anterior, coa inestimable axuda de Ricardo Santamaria, presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI).

O alumnado de 6º curso é o principal protagonista nesta actividade e convértense en "chefs" para o resto do cole.

Richard trouxo un montón de fariñas diferentes e explicounos as diferenzas que hai entre os distintos tipos: trigo, millo, espelta, trigo sarraceno, centeo..., fariñas ecolóxicas... que era o pan ácimo (o que non leva lévado) e moitas cousas máis.

Aprendemos, que a pesares da mala fama que teñen os productos con fariña, estes non son malos nutricionalmente falando, se empregamos as fariñas e os ingredientes axeitados.

Coñecemos os "bolos de pote" que non sabiamos o que era, e fixemos uns cantos para poder probalos.

No curso pasado aprendemos a importancia de consumir productos do mar polo que tamén elaboramos un pate de mexillóns que estaba moi bo.

Cando tiñamos todo preparado, xunto coas empanadas de millo e trigo que tiñamos preparadas recibimos ao resto do alumnado para explicarlles tamén a eles

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

080518-Canal Rías Baixas - Rubiáns presume de chefs coas mans na masa

090518 - Faro de Vigo - Rubiáns presume de pequenos panadeiros

Congreso Aliméntate ben!

O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

Durante as dúas xornadas que durou o congreso (un día para infantil e primaria e o outro para secundaria) reuníronse 500 escolares galegos para dar a coñecer os proxectos que en torno á promoción de hábitos de vida saudable a través da alimentación, se están a desenvolver nos seus centros.

A vida saudable é un alicerce moi importante no noso cole, base para que o noso alumnado crezca san e feliz, así que tiñamos que participar neste I Congreso.

O noso proxecto, xunto con outros 9 centros de infantil e primaria foi seleccionado para expoñerse, e aló fomos cargados de ilusións a contar todo o que facemos no cole.

A experiencia foi marabillosa. Voltamos entusiasmados. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros doutros centros, autoridades, e a todo aquel que pasara polo noso stand todas as cousiñas que facemos no cole para manternos fortes e sans.

Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña.

A verdade que ser congresista... mola!

Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.

REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS

070518 - Facebook O Sabor da Aventura está no Mar

Visita Susa Herrera

No CEIP de Rubiáns encántannos as visitas e nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera.

Susa veu presentarnos o seu traballo "Cantos animais" un libro-disco cheo de alegres cancións nos que os protagonistas son os animais que tanto nos gustan: o cangrexo, o crocodilo, a xoaniña o elefante e ata un poni que falaba "inglés do que se entende"

Coa súa música, fixo as delicias non só dos máis pequenos do cole se non tamén dos mestres (moitos antigos alumnos de Susa na Universidade)

Día do libro 2018

Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.

Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.

Este ano tivemos moita sorte,  fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.

Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.

Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.

Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.

 

 

 

Visita Antón Paz

Non todos os días visita o cole un campión olímpico, por iso estabamos ansiosos por saber o que nos ía contar.

Antón, falounos dos seus comezos, das súas aventuras no mundo da vela e dos seus plans de futuro. Ademáis animounos a probar este deporte nun marco espectacular como é a nosa ría e que, grazas á Escola Municipal de Vela, resulta moi doado e económico. 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Co gallo do Día Internacional da Muller visitounos Dona Maria del Carmen Roca, primeira muller en España en ser Xefa da Policía Local. 

Contounos un montón de cousas moi interesantes sobre o seu traballo e tamén dos inicios da muller na Policía e da loita que levaron a cabo para defender os seus dereitos.

Moitas grazas pola visita!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut