Skip to Content

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS (Proceso de admisión alumnado 2020-2021)

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:15-10:40 9:15-10:40      
         
    14:-14:50   14:-14:50 14:00-14:50
  16:00-17:00      

* A documentación relativa ao PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO pode recollerse en conserxería ou descargarse dende aquí.

 * Prazo de matrícula: do 1 ao 20 de marzo de 2020 no horario indicado.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020-2021

Orde do 25 de xaneiro de 2017 e  Orde do 12 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo.

· Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

· As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II ED550B a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Vacantes 2020-2021

As vacantes para o vindeiro curso 2020-2021 son as que se relacionan a continuación:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º: 22+3

5º: 11

6º: 2

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º: 0

2º: 13

3º: 9

4º: 9

5º: 6

6º: 7

Entroido 2020

Xa sabedes que en Rubiáns gústanos o Entroido e este ano tivemos un.... de cine!!!

O cole encheuse de personaxes de películas e ata o centro cultural desfilaron uns simpáticos Olaf da película Frozen, que a pesares da calor que ía, resistiron sen derreterse. Ían seguidos duns entusiastas Russel, os velliños Carl e un vistoso paxaro chamado Kevin da película Up. Detrás, unha morea de dálmatas vixiados de cerca por Cruella de Vil, que non lles quitaba ollo, escenificaban 101 Dálmatas. Seguíanos uns ananiños moi simpáticos chamados Munchkins que acompañaban a Dorothy, da película O mago de Oz. Moi de cerca estaban un montón de Charlot, protagonistas de tantas e tantas pelis de cine mudo. Despois ían unha morea de Pedro Picapedra, protagonista indiscutible de Os picapedra, que ían acompañados de Betty e Pebbles. Os máis aparatosos sin duda foron os protagonistas da película Lego, cada quen amosou enxeño e creatividade para crear a súa personaxe. Un grupo moi variado de animais acompañaba ao Dr. Dolittle, parecían un auténtico zoo. E cerrando o desfile ían Os Vingadores, superheroes e superheroínas que coidaba de todos nós. 

Ledicia Costas visita Rubiáns

Dentro do proxecto O Faro da Escola, tivemos a sorte de contar coa visita da escritora Ledicia Costas

Ledicia veu a falar do seu libro "Conexión macarrón" pero ademais falounos de un montón de extraterrestres que nos impresionaron moitisimo.

Contestou a todas as nosas preguntas con moito cariño e dedicounos os nosos exemplares. Pasamos un rato moi agradable con ela!

Graciñas Ledicia por falar para todo o cole!

O sabor da aventura está no mar 2020

Como xa sabedes o noso cole é un cole saudable; dámoslle moita importancia á alimentación e por iso participamos nos Proxecta que oferta a Consellería relacionados con hábitos saudables.

Dentro do programa "Aliméntate ben" hoxe recibimos no cole aos Arroases e a Luís, o mariñeiro; Mariña, a marisqueira e á bióloga para realizar o obradoiro "O sabor da aventura está no mar".

Cos nosos amigos os Arroases fixemos uns xogos moi chulos cos que aprendemos unha morea de cousas sobre alimentación saudable, o coidado do medio ambiente e lembramos os superpoderes que nos aportan.

Muller e nena na ciencia

Un ano máis para conmemoramos o 11 de febreiro, día Internacional da muller e a nena na ciencia.

Nesta ocasión, relacionado co noso PDI, "Sabela cámara e acción" realizamos unha actividade que mestura ciencia e cine.

Buscamos películas que tiveran como protagonistas a científicas, tanto reais como de ficción. Imprimimos os carteis das películas e escribimos un pouco de información de cada unha. Ademais todos os carteis teñen un código QR co que podemos ver o trailer da película (ou un anaquiño onde sae a nosa protagonista)

No están todas as que son pero son todas as que están ;-)

O chef de Rubiáns 2020

Un ano máis, xa se está convertindo en tradición, celebramos unha nova edición dunha das actividades que máis nos gusta, O Chef de Rubiáns.

O alumnado de 6º traballamos co noso chef particular, Richard Santamaría da Malquerida. Aprendeunos un montón de cousas moi interesantes. Probamos a cortar verduras en xuliana, e aínda que no cole sempre nos inculcan a importancia de comer sano, Richard incidiu nos beneficios que aportan os vexetais ao noso organismo. Elaboramos un Ratatouille que a case todos nos resultou delicioso.

Despois, chegou o momento de compartir todas as delicias que achegaron as familias. Menudas cousas máis ricas, había de todo!!

Agradecer a Richard a súa presenza no cole un ano máis e ás familias a súa involucración en todas as actividades que facemos.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia - Fotos

Xornada de portas abertas

Cartel da xornada

O vindeiro martes 11 de febreiro faremos unha xornada de portas abertas na que ofreceremos información ás familias interesadas en coñecer o colexio antes do periodo de matrícula para o curso 2020-21.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MATRÍCULA 2020-2021

DATA: 11 de febreiro de 2020

HORA: 16:00

Día da Paz 2020

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Nesta ocasión recitamos unha poesía que expuxemos nunha mega pancarta colgando da fachada do cole e cantamos a canción "De ellos aprendí" relacionada tamén co noso proxecto anual "Sabela, cámara e acción"

Aproveitamos para estrear as camisetas co debuxo realizado por Kevin, gañador do concurso "Deseña a túa camiseta de igualdade". Quedaron preciosas, non si?

Distribuir contido


by Dr. Radut