Skip to Content

Proposta culinaria

 

 

E sen decatarnos...xa estamos na derradeira semana do curso.

Temos preparadas unhas propostas lúdicas, a de hoxe..... comestible!

O confinamento trouxo moitas más ás cociñas das nosas casas, máis larpeiradas caseiras e moito agarimo nas nosas creacións. Algúns comezaron con receita na man pero terminaron innovando.

Gustaríanos moitos que compartades con nós esas fotografías das vosas mans na cociña, doces ou salgadas, saudables e algunhas non tanto, pero que axudaron moito a levar mellor esta situación.

Podedes enviarlle as fotos á teacher (teacherrubians@gmail.com)

 

 

Día da bici 2020

Día Internacional dos Museos

Co gallo da conmemoración do Día Internacinal dos museos o alumnado de 5º realizou a divertida actividade "Recrea un cadro"

Se queredes ver máis exemplos podedes seguír #gettymuseumchallenge en instagram.

Letras Galegas 2020

Este ano non podemos conmemorar como se merecen as nosas Letras.

Deixamos aquí actividades realizadas polo EDLG e Equipo de Biblioteca do cole para que poidades facelas na casa.

Vídeo conto "As pitas baixo a choiva"

 

Actividades da BIBLIOTECA

 

Solicitude de comedor e transporte

Como cada ano é preciso solicitar a praza de comedor e transporte de cara ao vindeiro curso 2020-2021. Dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos habilitamos dúas opcións para a entrega do formulario:

  • Enviar por correo electrónico, sempre que sexa posible.
  • Entregar no centro, aquelas familias que presenten a solicitude de axuda para os libros de texto.

O prazo de entrega finaliza o venres 19 de xuño.

 

*O alumnado de nova incorporación realizará este trámite no mes de xullo cando formalice a matrícula.

*Está previsto que a orde que regula as axudas de libros de texto sexa publicada a vindeira semana e terá cambios nos límites de renta e contías.

Day of families - Día das familias

Hoxe, 15 de maio, é o día Internacional das familia (International Day of Families) 

Temos unha proposta moi bonita para vós.

A profe Monica vos explica no vídeo a actividade que Remei @theglitterteacher, (profe noutro cole) comparte con nós. Thank you so much!

Animádesvos a facela?

Imprime as páxinas do pdf que necesites e colorea como o/a artista que eres!

Envía a foto do teu cadro familiar á teacherrubians@gmail.com. Tes ata o domingo á tarde!

Presenza do alumnado no centro no final de curso

A Consellería ven de comunicar no portal educativo que a partires do 25 de maio poderá volver ao centro de maneira voluntaria o alumnado de 2° de Bacharelato e fin de diclo de FP, polo tanto Infantil e Primaria non se incorporarán no que queda de curso ao centro escolar.

Cando teñamos instrucións sobre a entrega de materiais ou calquera outra nova informarémosvos ao respecto.

Proposta medio ambiente

Para esta semana temos unha proposta moi chula do equipo de medio ambiente!

Se vos animades enviade as vosas fotos á profe Silvia.

decora o teu balcón

#Colouringtheworld

Thanks for participating!

Matrícula: novos prazos

Reanúdase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021. O alumnado que xa pertence ao centro non ten que realizar ningún trámite, así coma as familias que xa entregaron a documentación ao comenzo do proceso.

 

PRAZOS

Presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos. Recoméndase facelo, preferentemente, de xeito telemático na aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación, ou de maneira presencial no centro. Ademais, deste modo, poden consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 26 de maio.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 9 de xuño.

Reclamacións ás listaxes provisionais: 3 días hábiles contados desde o seguinte día de publicación das mesmas.

Publicación das listas definitivas: ata o 26 de xuño.

Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NA ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN:

Distribuir contido


by Dr. Radut