Skip to Content

Día da muller e da nena na ciencia 2024

Un ano máis conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia para visibilizar a existencia de mulleres que se adican á ciencia e o seu labor.

Nesta ocasión as científicas do CSIC Patricia Martín, Jennifer Fernández e María Rivo explicáronnos a través de videoconferencia como a Historia tamén precisa da ciencia para descubrir cousas do pasado.

A elas costoulles decidir a que se ían adicar, peri ti, se tes unha das cualidades fundamentais de calquer científico ou científica, a curiosidade, podes adicarte a algunha das moitas ramas da ciencia. 

Sabela presentounos a unha morea de científicas nunha exposición. Cantas cousas descubriron!

Por outra banda, e para demostrar que as nenas e as mulleres tamén poden facer ciencia fixemos un panel no que Marie Courie ten na man un recipiente que se ilumina ao premer no interruptor dun circuíto eléctrico.

Entroido 2024

Aínda que a chuvia non nos permitiu saír ata o centro cultural, que ben o pasamos na celebración do Entroido!

Comezamos a xornada desfilando ante os nosos compañeiros. Non faltaron os aros e antorchas olímpicas, deportes e deportistas. A cada cal, mellor.

Despois, cantamos a comparsa creada para a ocasión e fomos merendar os doces típicos feitos polas familias.

Rematamos a mañá xogando e bailando no ximnasio. Pasámolo xenial!

 

 

Cantamos no Entroido co centro de día

Nunha nova visita os maiores do Centro de día Vilagarcía foron os que cantaron para nós a súa comparsa de Entroido e, como non podía ser doutro xeito, nós cantámoslle a nosa.

Despois fixeron un pequeno maceteiro que pintarán na vindeira visita e levarán de recordo. Os mestres e mestras alfareiras de 4º guiáronos moi ben e marcharon encantados.

Unha vez máis a experiencia foi moi enriquecedora para todos e todas.


Coñecemos as emocións no deporte

Continuamos coas actividades ao redor do Día da Paz. Nesta ocasión Saúl Ares falounos do xogo e das emocións no deporte. Que sentimos ao gañar ou perder? E cando é o meu rival ou o meu equipo favorito quen o fai? Que emocións se presentan mentres agardo o resultado da foto finish?

E como non, puxemos en práctica a teoría e analizamos como nos sentimos se non nos sacan a xogar e quedamos mirando.

Grazas, Saúl por unha mañá tan interesante!

Día da Paz 2024

De couleurs vives, da cantante francesa Zaz, foi a canción escollida este ano para celebrar o Día da Paz. Bailamos xuntos, unidos por lazos das cores dos aros olímpicos que representan a unión de todos os países dos 5 continentes.

 

 

Reserva Praza no IES Cotarelo

Informamos ás familias do alumnado de 6º de Primaria que está aberto o prazo de reserva de praza no IES de adscrición IES ARMADO COTARELO VALLEDOR (Sobradelo) 

O alumnado deberá traer correctamente cuberto e o antes posible o formulario de reserva de praza co fin de poder realizar dende o centro a reserva telemática correspondente (esta remata o 5 de febreiro) 

No caso do alumnado que non teña previsto cursar a ESO no IES adscrito, terá que agardar a presentar de xeito presencial o formulario correspondente no IES escollido

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renucia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

Nova visita dos usuarios do centro de día

Hoxe tivemos unha nova visita dos usuarios do Centro de día Vilagarcía. Nesta ocasión o alumnado de 6° de Primaria representou a obra teatral "Pedro e o lobo" e o alumnado de 6° de Infantil cantou a canción dos meses do ano para eles. Gustoulles moito, así que xa estamos s argallar que facer o vindeiro mes.

Celebremos como galeg@s!!

O alumnado de 3ºA quixo facer unha homenaxe as súas nais e pais versionando un dos famosos vídeos publicitarios do Gadis. 

Quedoulles de marabilla non si? Non sei que pasa, pero ao velo métenseche cousiñas nos ollos .... non é que choremos eh! 

Distribuir contido


by Dr. Radut