Skip to Content

Campo a través 2022

Preme en Sabela para coñecer toda a información da Carreira de Campo a través que realizaremos o vindeiro martes 15.

Samaín 2022

Chega o Samaín. Tempo de medos con bruxas, pantasmas, morcegos e miles de seres arrepiantes. Pero o que máis asusta, son as terroríficas cabazas científicas que chegaron este ano ao noso cole. Quen as faría?

 
E se arrepiantes foron as cabazas, non quedaron atrás as historias creadas pola rapazada. Os gañadores e gañadoras de cada clase viron recompensado o seu talento coa lectura das súas historias aos seus compañeiros e compañeiras. E para non quedar co medo no corpo aproveitamos o día para queimar os nosos medos.
 
Para rematar o día non podían faltar os doces, aínda que non deixamos de apostar por unha opción saborosa e saudable. Cada quen decorou unha mandarina a modo de cabaza que logo agasallou a un compañeiro ou compañeira.
 

Día Europeo do Deporte Escolar

Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar camiñando pola Vía Verde. Podedes crer que estando tan pretiño aínda non a empregaramos?

A experiencia foi fantástica. O camiño fíxose moi ameno, o tempo acompañounos, non faltaron as risas... que máis precisamos para repetir? Nada! Así que voltaremos, e poida que cheguemos un pouquiño máis lonxe...

Moitas grazas a Protección Civil por coidar de nós no camiño.

Comeza a Digitalweek!

Onte comezou unha aventura para un grupo de alumnos e alumnas do colexio a través da cal mergullaranse durante unha semana nun campamento de lingua inglesa, no que farán actividades tecnolóxicas, xogos e ata unha visita cultural. Que sorte aprender dunha maneira tan divertida!

 

Pasádeo moi ben e aprendede moito!

Festa da bicicleta

O Día sen coches á unha data moi importante para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta. Este ano unímonos á Festa da bicicleta organizada por La Voz de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa dentro das actividades da Semana da Mobilidade.

Na mañá do venres o alumnado de 5º e 6º, acompañado de mestres e membros do clube BTT Trotacumes, desprazámonos en bicicleta ata o Auditorio Municipal, onde nos unimos a rapaces e rapazas de todos os  centros educativos de Vilagarcía para gozar da música da Duendeneta e cruzar os dedos para que nos tocase algún agasallo no sorteo. Mirade, mirade..

Que ben o pasamos! Estamos desexando repetir!

Moitísimas grazas a Trotacumes por toda a axuda durante o traslado e a custodia de bicis.

Inicio curso 22-23

Comezamos un novo curso!

Coas pilas a tope e cargadiños de ilusión recibimos ao alumnado.

Este ano imos aprender un montón sobre inventos e ciencia grazas ao noso proxecto "A Ciencia hai que Sabela", por iso nos xogos iniciais xa nos estivemos familiarizando con algún termos científicos como estática e dinámica, electróns, protóns.....

Tiñamos moitas ganas de ver aos nosos compañeiros e compañeiras, xa sen máscaras e sen restriccións de zonas no patio, que gusto!

Foi un día de reencontro e risas como podedes ver nas fotos.

Imos alo! A polo curso 22-23!

Reunións familias inicio de curso

As reunións de inicio de curso cos titores serán nas seguintes datas e horario:

-5º e 6º DE INFANTIL: MARTES 13 ÁS 16:30 HORAS NO CENTRO.

-TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA: MARTES 20 ÁS 16:00 HORAS NO CENTRO.

Autoliquidación comedor 2023-24

As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2023-24 deberán entregar o formulario de autoliquidación cuberto ata o 14 de xullo. 

O horario de entrega da documentación será de 10:00 a 13:00h 

Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prezos de comedores escolares para realizar o cálculo.

Aqueles usuarios que teñan o servizo de comedor gratuito, NON deberán entregar o modelo SEPA cos datos bancarios.

Berra Berra, non á guerra!

Este curso o éxito do verán ademais de soar en todas as verbenas e en todas as emisoras de radio do mundo mundial, tamén vai a formar parte dos audiovisuais de todos os museos.

Non quedaron artistas sen aparecer no noso vídeoclip e os marchantes de Arte xa se rifan as obras de Arte!

Verdade que é unha obra de Arte?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut