Skip to Content

Responder ó comentario

Reserva de praza no Instituto para o curso 2021-22

O vindeiro luns 11 de xaneiro comeza o prazo para reservar praza no Instituto no que o voso /a fillo/a cursará a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), segundo o establecido DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro) e ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).

Reserva de praza:

  No IES Armando Cotarelo Valledor, centro ao que o noso colexio está adscrito, deberá:

- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A e Anexo ED550A bis) e entregalo presencialmente no colexio antes do 8 de febreiro.

- Para descargar a solicitude, poden facelo no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf

- Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

    Noutro instituto diferente, deberán entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexe cursar estudos da ESO entre o 1 e o 20 de marzo, para o cal enviaremos a información necesaria antes do 1 de marzo.

 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Responder



by Dr. Radut