Skip to Content

blogue deChus

AS NOSAS NAVICOLES

As nosas navicoles xa están medrando, poderemos facer un bo cocido?? e o longo de esta semana prantaremos coles que nos traerá Luz , a nai de Noemi.

 

DECORAMOS A NOSA ENTRADA

Con todas as macetas que estades traendo estamos deixando o colexio fermosísimo e as que algunhas familias trouxeron con botellas de auga quedan preciosas colgadas. A semana pasada estivemos tamén pintando outros testos con motivos moi "lolailos". Deíxovos unha pequena mostra.

RECICLAXE

Como sabedes, este ano estamos levando a cabo un proxecto para aprender a reciclar. Este trimestre centrámonos sobretodo na reutulización de envases que xa non servía, como as botellas da auga, botes de pintura.......Deixovos un video para que sigamos aprendendo. 

 

 

O MAGOSTO

O 15 de novembro celebramos no noso colexio a festa do magosto, durante o recreo, como tódolos anos, Merchi asou as castañas e despois fomos por cursos a metelas nos nosos cartóns de leite reciclados e algúns decorados polas familias, e sentámonos a degustalas.

DÁMOSLLE DE COMER OS ANIMAIS

Arredor do colexio temos uns cantos animais, hoxe fumos darlles de comer.

Guardar

FROITOS DO OUTONO

Comenzamos vendo a granada por dentro e por fora e logo probando os seus grans sabrosos

Distribuir contido


by Dr. Radut