Skip to Content

Aclaración importante sobre os Protocolos COVID

 

Ante a intranquilidade xerada pola situación sanitaria que vivimos actualmente, dende o centro educativo queremos tranquilizar a toda a nosa comunidade educativa trasladándolle que estamos cumprindo escrupulosamente co protocolo establecido conxuntamente polas Consellerías de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia. Nese protocolo, ademais das medidas de hixiene e ventilación que respectamos do xeito máis estrito posible, fíxase que unha vez se produza un caso de PCR positivo no centro, o Centro de Seguimento de Contactos (CSC) porase en contacto co centro educativo para indicarlle a que alumnado debe cuarentenar por ser contacto estreito con el.

Sempre temos que esperar que ese organismo de Saúde Pública se poña en contacto con nós para levar a cabo estas accións de illamento e estamos obrigados a seguir as súas instrucións (como así levamos facendo dende o principio da pandemia). Dicir que a partir dese momento é o propio CSC o que indica cando e quen ten que facer unha PCR e cal vai ser a duración da cuarentena que debe gardar, así como a data de alta e de reincorporación ao centro.

Comunicar tamén que estamos ao completo dispor de calquera persoa que queira calquera tipo de aclaración pertinente sobre este tema (respectando, como non pode ser doutra maneira a Lei de Protección de Datos, que nos impide dar calquera información persoal sobre as persoas afectadas). Por último, desexar unha pronta recuperación ás persoas afectadas e enviarlles o noso afecto ás familias que están a pasar por esta situación complicada e non desexada por ninguén.



book | by Dr. Radut