Skip to Content

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19

1. A qué persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do quepor renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

2. En qué consiste a axuda?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
3. Qué axuda se vai a percibir?
(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
(1,50 €) para o alumnado que paga 1€
4. Qué días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)
5. Cómo se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril). É dicir, 14 días.
2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
6. Quen son os beneficiarios?
Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.
7. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
a. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Para isto é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
b. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es cos seguintes datos:
DNI do pai ou nai:
Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
Nome do alumno/a:
Nome do pai/nai:
Número de cuenta bancaria:
8. Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.
9. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
Dez (10) días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
10. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
Cinco (5) días dende que salga a resolución.

Queremos recordarvos que as solicitudes deben ser cubertas e presentadas prioritariamente polas familias a través da sede electrónica da Xunta , https://sede.xunta.gal e no caso (só en casos excepcionais, así o recolle a orde) de solicitar a axuda do centro,  esta dirección esta non cubrirá ningunha instancia, e so recolleremos os datos solicitados vía correo electrónico.

Sabemos que o prazo é curto e que algúns de vós non tedes os medios para levar a cabo estas solicitudes telemáticas, pero vos pedimos que axilicedes o máximo este trámite, xa sexa facéndoo vós mesmos ou enviándonos eses datos solicitados ao correo electrónico do centro o antes posible para facilitar e adiantar ao máximo os prazos. Temos presente que contamos coa vosa total boa predisposición e agradecemos todos os esforzos que estades afrontando estes días.

Ánimo e forza!!



blog | by Dr. Radut