Skip to Content

Consideracións xerais para o primeiro día de clase

“Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade” (Albert Einstein, científico alemán)

OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE

Lembrade que mañá xoves, 07 de setembro comenza en Xinzo de Limia a Escola de Coeducación:OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE.  Empezamos ás 19h no Salón de Plenos do Concello.  Para difundir e acudir!

Reunión para as familias do alumnado de nova incorporación (3 anos)

Convocatoria da reunión cas titoras/titores de comezo de curso

Entrega vales para a adquisción de libros e material escolar. Fondo Solidario Libros de texto

Dende o próximo luns día 3 e ata o venres 7 de xullo, en horario de 10.00 ás 13.00 h,  poderánse recoller os vales de libros e material e consultar a lista de libros que prestará o Fondo Solidario a partir do mes de setembro.

Lista de libros de texto 2023 - 2024

Festival Fin de Curso 2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño ás 11.00 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.50 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023- 2024

O vindeiro luns, 5 de xuño de 2023 ábrese o prazo para presentar as solicitudes para ser usuario de comedor o vindeiro curso 2023 -2024. Este prazo rematará o vindeiro 5 de xullo. Teñen que presentar a instancia TODO O ALUMNADO INTERESADO, independentemente da súa situación actual (incluído o alumnado usuario de transporte)

Distribuir contido


by Dr. Radut