Profesorado
Iniciar sesión
Proceso de admisión
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021 - 2022.
loli — Lun, 04/01/2021 - 20:53
ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
O alumnado de 6º de primaria do CEIP Rosalía de Castro que durante o curso 2021-2022 desexe cursar 1º da E.S.O. no I.E.S. Lucus Augusti, centro ao que estamos adscritos, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
Se deciden optar por un centro distinto ao que lles corresponde por adscrición terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 20 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo I- Reserva de praza no IES Lucus Augusti (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)
Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto (1 ao 20 de marzo)
Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Mapas de escolarización da zona de Lugo
Xornada de portas abertas 2020
loli — Mar, 11/02/2020 - 14:01
PREGÚNTANOS! Admisión 2020/ 2021
Xornada de portas abertas 2020
loli — Mar, 11/02/2020 - 13:54
PREGÚNTANOS! Admisión 2020/ 2021
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Mar, 26/02/2019 - 18:13
Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo, facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
-
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-
Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexo.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.
- Anexos:
- Calendario do proceso de escolarización.
- Información pública sobre o proceso de admisión,
- Mapas sobre a situación do centro e as zonas de influencia.
- Información sobre o centro educativo.
O período de adaptación en Educación Infantil
loli — Dom, 09/09/2018 - 20:09
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita conseguir os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. (Capítulo VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997 e Orde do 25 de xuño de 2009 )
O período de adaptación é o intervalo temporal que o alumnado precisa para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporárense ao centro escolar, é dicir, ao pasar dun ambiente que coñecen e dominan a outro descoñecido e que, en moitos casos, vai supoñer tamén a primeira separación das figuras de apego
Preme na imaxe e poderás descargar a publicación: O proceso de adaptación de Educación Infantil. E ti...vas á escola?
LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018/19
loli — Lun, 14/05/2018 - 12:26
No día de hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado adimitido e non admitido para o vindeiro curso 2018/2019.
As listaxes atópanse expostas nas portas principais do centro educativo de primaria e no de educación infantil.
Ver Anexos correspondentes.
LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017/18
loli — Ven, 12/05/2017 - 13:00
No día de hoxe saen publicadas as listas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/18.
No caso de non estar de acordo coa adxudicación das prazas, as persoas interesadas deberán interpoñer un Recurso de Alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas definitivas.
Ver Anexos
LISTAXE PROVISONAL DE ALUMNADO NON ADMITIDO
loli — Ven, 28/04/2017 - 13:30
No día de hoxe, 28 de abril de 2017, publícanse as listaxes provisionais de alumnos/as non admitidos para o vindeiro curso 2017/18, de xeito alfabético e por orde de puntuación (ver documentos adxuntos).
BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
loli — Xov, 23/03/2017 - 10:46
Infórmase ás/aos solicitantes de prazas escolares para 4º de Infantil para o curso 2017/18, que existen máis solicitudes que prazas vacantes.
- Sendo preciso baremar as solicitudes ábrese un prazo para aportar no centro a documentación que acredite a puntuación, conforme se recolle na Sección 2ª. Criterios xerais de baremo, artigos 19 e seguintes, da ORDE do 12 de marzo de 2013.
PRAZO: do 23 de marzo ao 5 de abril de 2017 ás 14:00 h.
O artigo 17.2 da ORDE do 12 de marzo de 2013 establece que “A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente. “ Igual consideración terá a documentación presentada fóra de prazo (artigo 17.4)
Publicarase a relación provisional de admitidas/os a partir do 24 de abril. Non se publicarán as puntuacións, podendo as persoas interesadas consultar en secretaría a propia puntuación.
As listaxes definitivas publicáranse o 12 de maio a partir das 14:00 h.
A formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño (ámbolos dous inclusive)
Listado definitivo de solicitudes admitidas para o curso 2016/17
loli — Lun, 02/05/2016 - 10:18
En base ao artigo 31 da Orde 12 de marzo do 2013, o centro publicará listaxe definitiva de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio. Ditas listaxes poderán ser impugnadas con recurso de alzada ou reclamación ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación. As listas estarán expostas ata o día do inicio do vindeiro curso escolar.
Do 20 ao 30 de xuño será o prazo de formalización de matrícula nos centros para educación infantil e primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo, para a ESO. O formulario de matrícula poderá ser descargado dende a páxina web da Xunta, ou poderá ser solicitada na secretaria do centro educativo.
No segunte enlace poderán ver o listado definitivo de solicitudes admitidas para o curso 2016/17
