Skip to Content

O conto da profe Amparo

Imos escoitar un conto; un conto que xa escoitamos moitas veces, pero... esta vez en vez de contárvolo eu vaino cantar Amparo: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliacorunha/taxonomy/term/67

Despois de escoitar o conto:

- Escribide unha lista das personaxes que van saíndo.

- Imaxinade que tería pasado se o primeiro porquiño fixera a casa de ladrillos. 

- E se a fixera de chuches?

- E se o Lobo tivese catarro e non puidese soplar, que faría?

- Como remata este conto? Que outras maneiras de rematar os contos coñeces (podes mirar nos contos que teñas na casa). Que formas de comezar os contos sabes?

E as criaturas máis "teatreiras" podedes debuxar as personaxes, recortalas e representar a obra movéndoas cos dedos.

Aproveito para animarvos a gravar un conto e mandalo ao Balcón do Rosalía como xa fixeron algúns dos vosos compañeiros e compañeiras.



page | by Dr. Radut