Skip to Content

Traballo de lectura e escritura: titular de noticia 1

Trátase dunha secuencia didáctica que facemos cada semana para ir escribindo algún texto significativo. Os pasos a dar son os seguintes:

- Ver a foto da seguinte noticia: https://cnnespanol.cnn.com/video/llama-boda-hermano-promesa-venganza-jennifer-montoya-cafe-cnnee/

- Que a miren ben mirada en silencio e logo preguntarlles: que hai aí? que está pasando? que animal é ese? porque está aí?... e todas as outras preguntas que vaian xurdindo do diálogo. 

- Despois ver o video e preguntarlles de novo polo que está pasando (incidindo sobre todo na confirmación -ou non- das hipóteses anteriormente formuladas).

- Leer a noticia e preguntarlles que lles parece.

- Pedirlles que digan un titular para esa noticia.

- Que escriban o titular (permitíndolles que o fagan ao seu xeito, pero estando ao seu lado para axudarlles se preguntan algo) e, se fai falta, escribir por debaixo convencionalmente por debaixo do seu texto, é dicir, traducir a unha escrita adulta o seu texto.

- E logo se queren, que fagan un debuxo da noticia e que lle poñan o nome debaixo a cada un dos protagonistas.



page | by Dr. Radut