try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

5ºB Ed. Primaria

Tarefa mércores 1

Bo día:

Lembrade que a tarefa está colgada na aula virtual a partir de hoxe.

Un saúdo

Tarefa martes 31

Bo día familias:

Achego o material de hoxe. Moito ánimo coas tarefas! Lembrade que hai máis actividades na aula virtual e que, mañá mércores, todo o material se colgará alí. Un saúdo.

Instrucións para entrar na Aula Virtual

Bos días familias:

Deíxovos as instrucións para entrar na Aula Virtual, veredes que ofrece unha morea de posibilidades: crear foros, noticias, crear tarefas con entregas, enviar mensaxes...

Ánimo!

Tarefa luns 30

Bo día familias: 

Para comezar a semana aquí vos deixo as tarefas. Ánimo que xa pasamos 15 días e queda menos! Ata agora fixemos tarefas de repaso e nesta semana imos avanzar un pouquiño sempre con indicacións nas fichas.

Ao longo desta semana comezaremos a traballar na aula virtual xa que ofrece a posibilidade de subir arquivos dos traballos dos nenos/as con facilidade e facer outro tipo de actividades. Mándasevos hoxe polo abalar o contrasinal. 

Deíxareivos aquí o manual de funcionamento da aula virtual. Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración!

 

Tarefa xoves 26

Bo día familias:

Achego nos adxuntos o traballo de hoxe e as correccións. Tamén vos deixo un corto por se queredes ver algo de maxia... E non deixedes, cada día, de facer maxia nas vosas casas  co voso sorriso. Moitos bicos!

 

LEANDRO LAMAS

PROPOSTA DE TRABALLO DE PLÁSTICA PARA ESTA FIN DE SEMANA "LONGA"

Imos pintar un cadro de Leandro Lamas (Pintor, ilustrador, actor e director teatral galego).

Nas imaxes que presentamos a continuación, vaivos indicando os pasos a realizar.

Ídeas mirando unha a unha e reproducíndoas nun folio. Prestade atención! Que non se vos esqueza ningún detalle.

Unha vez rematado, tedes que darlle cor. Buscade na rede cadros deste pintor para facervos unha idea do seu tipo de pintura.

Desfrutade coa actividade!

Distribuir contido