try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

VENRES 27

Bo día!

Xa estamos a venres!   

Unha semana máis, unha semana menos ;)

Déixovos nos arquivos o traballo de hoxe e as solucións de onte. Da ficha de cálculo, o luns non vos mandarei as solucións porque xa a ides correxir coa calculadora. Ollo! Correxir, que non facer ;)

Tamén vos mando, como plástica para esta fin de semana, uns debuxos de animais. Seguide os pasos para realizalos e non esquezades darlles cor. Se vos gusta a actividade buscade máis en internet que hai máis.

Disfrutade da fin de semana. Bailade e cantade moito. No vídeo adxunto tedes unha canción que a min me encanta.

Apertas