try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

XOVES 26

Ola a todos/as!

Aquí tedes o traballo de hoxe. Púxenvos unhas fichiñas para que traballedes un pouco coa calculadora. A partir de mañá mandareivos unha ficha máis de cálculo. Facédea primeiro e despois correxídea coa calculadora.

Coas actividades de sociais ides lembrar o relevo de Europa e España, así que déixovos tamén o enlace a un vídeo sobre o relevo de Galicia. Repasa conceptos sinxeliños para vós pero aparecen imaxes moi bonitas da nosa comunidade que seguro que vos gusta ver.

Lembrade ler moito e repasar verbos ;)