Skip to Content

FONDO E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

No DOG do 20 de maio de 2021 saiu piblicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación ¡no fondo solidario  de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sotidos con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2021-2022.

NORMAS XERAIS

  1. O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 22 de xuño.
  2. So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021-2022.

A solicitude pódese cumprimentar a través de calquera destes xeitos:

  1. A través da aplicación Fondo de libros, serando así un número de solicitude e realizando a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  2. Presentando a solicitude no propio centro como fixemos en anos anteriores, cubrindo os ANEXOS.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1. ANEXO i,  asinado polos dous proxenitores.
  2. ANEXO ii, para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
  3. Copia do libro de familia.
  4. en caso de separación ou divorcio,, deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

PRAZOS

22 DE XUÑO. Data límite para a entrega dos libros do fondo prestados neste curso 2020-2021.

28 de xuño. Data da publicación da resolución provisional.

29 e 30 de xuño. Período de reclamación a publicación provisional.

01 de xullo, publicación da relación definitiva.

02 ao 09 de xullo, entrega dos vales para libros de 1º e 2º de Educación primaria e material aos solicitantes que teñan dereito.

Entrega de libros asignados ao alumnado, primeiros días de setembro.



page | by Dr. Radut