Skip to Content

CULLERCIENCIA

O sábado, 18 de xuño, de 11:00 a 20:00 horas, terá lugar na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo a IV Edición da Feira de Ciencia (Cullerciencia) organizada, un curso máis, polo Club de Ciencia do noso colexio e que, nesta edición, conta co principal patrocinio e colaboración do Concello de Culleredo. Participarán centros de Infantil, Primaria e Secundaria, Universidade e, en definitiva, diversas entidades de Ciencia para facer unha xornada de divulgación e lúdica, ao mesmo tempo. Haberá tamén diferentes obradoiros e charlas de Ciencia. Esperámosvos a todos e todas na Feira no Paseo Marítimo. Podedes ver os participantes, as charlas e obradoiros nas seguintes imaxes.

 

 

 

 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut