Skip to Content

XOVES DE CIENCIA

Dende o xoves, 22 de abril, comeza unha nova edición dos Xoves de Ciencia, promovida polo Club de Ciencia do centro. Nas edicións anteriores tiña lugar nos recreos pero este curso, por protocolo Covid, será de xeito virtual. Cada xoves un curso amosará a toda a comunidade educativa diferentes experiencias relacionadas co eido científico. O xoves 22 comezará 6º de E. Primaria. Poden verse as súas actividades no enlace https://conexionconvivencia.wixsite.com/clubdeciencia
O profesorado amosará estas experiencias dos outros niveis nas horas de lectura ou de Ciencias e invitamos, tamén, ás familias a que vexades estas actividades cos vosos fillos/as.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut