ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA 2021

Estimadas familias,

Está en marcha a edición 2021 da Estratexia Galega de Convivencia. Toda a comunidade educativa ( alumnado de 5º e 6º de primaria, familias, persoal docente e non docente) está invitada a participar na recollida de datos sobre este transcendente aspecto da vida escolar.

Agradecemos a vosa participación para ir construindo conxuntamente un modelo de convivencia positiva e onde os conflitos xurdidos se resolvan democrática e satisfactoriamente.

Esta enquisa é moi rápida e sinxela de facer e totalmente anónima.

As familias precisades unicamente a clave para acceder que será proporcionada polo centro a través do alumnado.

Ao alumnado de 5º e 6º tamén se lles proporcionará as claves. En caso de que algún alumno/a non teña posibilidade de facelo na casa  habilitarase un espazo para que a realice no propio centro.

Tedes de prazo ata o 29 de abril !!

 

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

 

 

Moitas grazas por participar!!