CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

  Prazo de solicitudes do 1 ao 20 de marzo
Documentación a entregar

- Solicitude e anexo II-bis (dispoñibles tamén no centro)

·  Modelo ED550B en galego

·  Modelo ED550B en castelán 

- Fotocopia do DNI do neno/a e dos dous proxenitores ou do libro de familia.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso.No caso de solicitar praza nun curso distinto a 4º EI (3 anos): Certificación de matrícula e certificación académica.

Procedemento de entrega de solicitudes Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta (para esta última deberase contar con certificado dixital ou Chave 365).De facelo de xeito online haberá que e asinar o anexo II-bis de xeito manual e escanealo para poder adxuntalo á solicitude.Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha ÚNICA SOLICITUDE no centro que figure en primeiro lugar.IMPORTANTE: De presentar varias solicitudes de admisión en distintos centros, isto suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.
Documentación no caso de baremación Esta documentación só se deberá entregar no caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que de ser preciso será o centro o que solicite ás familias a correspondente documentación para a a baremación.Os prazo para a entrega da citada documentación abrangerá os 10 días hábiles seguintes ao 21 de marzo.
Datas de publicación das listaxes provisionais 25 de abril. Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión.
Reclamacións 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das listaxes.
Datas de publicación das listaxes definitivas 15 de maio. Estas poderanse consultar no taboleiro de anuncios localizado no interior do centro de xeito presencial ou na aplicación web de admisión.
Formalización da matrícula Do 20 ao 30 de xuño