RESERVA DE PRAZA NO IES DE PONTE CALDELAS

O día 15 de xaneiro inícianse os trámites para a reserva de praza do alumnado de 6º de educación primaria (procedemento ED550A) que continuará os seus estudos no centro adscrito (IES Ponte Caldelas).

Para os efectos da reserva de praza deberase presentar o formulario normalizado  (ED550A) na secretaría do centro de orixe ou a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). A solicitude podedes descargala no ficheiro adxunto (Anexo I) ou na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

Os trámites para a reserva de praza do alumnado de 6º de educación primaria que continuará os seus estudos no centro adscrito IES Ponte Caldelas (procedemento ED550A).

Para os efectos da reserva de praza deberase presentar o formulario adxunto debidamente cuberto, ben na secretaría do centro de orixe ou a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Podedes descargar a solicitude no ficheiro adxunto (Anexo I) ou na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Instrucións detalladas:

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados

 

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo

AnexoTamaño
ED550A-G_0.pdf1.23 MB