Skip to Content

Secretaría, Impresos descargables, Libros de texto, Admisión e matrícula

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

Desde hoxe ata o día 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en E. Primaria, E. Secundaria Obrigatoria e E. Especial.

As solicitudes pódense presentar por vía electrónica a través da aplicación fondo libro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), ou presencialmente nos centros docentes.

RESERVA DE PRAZA OU CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO ADSCRITO DO ALUMNADO DE 6º DE EP

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro), pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

  1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES AGRA I.
  2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.
  3. As familias que no vindeiro curso 2018/19 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos no referido IES poden optar por unha destas vías:
    1. Presentar no noso centro entre os días 01 e 15 de febreiro, o modelo de solicitude que se xunta a este escrito debidamente cuberto (formulario normalizado ED550A, publicado no anexo I da orde do 25 de xaneiro de 2017, que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013). Neste caso o alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao seu titor/a.
    2. Presentar a citada solicitude entre os días 01 e 15 de febreiro a través da aplicación “admisiónalumnado”  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
  4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitudes noutro centro dará lugar a perda de prioridade.
  5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) no IES da súa preferencia.
  6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

Rosa Mª Mosteiro Neira, directora.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Xornadas de portas abertas

Abrimos o centro ás familias que queiran coñecernos. Por iso, convidámoste a vir ao colexio os días:

  • 4 e 11 de febreiro ás 16:00 horas.
  • 21 e 28 de febreiro ás 18:00 horas.
  • 18 de marzo ás 18:00 horas.

Por certo, se non podes asistir, pídenos cita para vir ao noso colexio individualmente.

Distribuir contido


by Dr. Radut