Skip to Content

Secretaría, Impresos descargables, Libros de texto, Admisión e matrícula

LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe, están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes definitivas do fondo de libros 3º e 4º de EP. Asimesmo as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

Os libros dos beneficiarios do fondo entregaranse en setembro, previa comunicación as familias beneficiarias.

Os cheques de libros de 1º e 2º de EP e os vales de material de todos os cursos, entregaranse ata o 10 de xullo en horario de 9:30 a 13:30. Os que queden pendentes de recoller entregaranse a partir do día 1 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO

Xa podes consultar no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes definitivas de alumnado admitido.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO

Xa podes consultar no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido.

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21

Desde hoxe ata o día 19 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en E. Primaria, E. Secundaria Obrigatoria e E. Especial.

As solicitudes pódense presentar:

Na situación actual, a vía preferente de presentación é a telemática.

Descarga aquí toda a documentación asociada ao procedemento:

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 (ACTUALIZADO)

 

NOVOS PRAZOS DERIVADOS DA SUSPENSIÓN DAS CLASES POLA COVID-19

Prazo de admisión: desde o día 11 de maio de 2020 ata o 18 do mesmo mes (é dicir, restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma).


Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.


Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.


Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.


Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.


Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Documentación necesaria

  • Solicitude de admisión (anexo II que se pode descargar máis abaixo ou recoller na secretaría). Deberá estar cumprimentada e asinada por ambos proxenitores (na última e penúltima folla).
  • DNI do alumno/a ou Libro de familia (orixinal e copia) para acreditar a idade.
  • Sentenza de separación ou divorcio (de ser o caso).
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as (se optan aos puntos do padrón).
  • Título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidade (de ser o caso).

Documentos e impresos

Lexislación básica

Distribuir contido


by Dr. Radut