Skip to Content

E. Infantil

RECURSOS PARA E. INFANTIL

  

 

O GRAN CAMIÑO NO RAQUEL CAMACHO

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Volta ciclista

Hoxe como sabedes hoxe veñen os ciclistas a percorrer as rúas da cidade, pero no noso cole tamén facemos volta ciclista.

A estes rapaces aínda lle queda un "gran camiño" por percorrer pero ahí estamos!

 

VISITA DOS RAPACES DA ESCOLA INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Visita dos nenos da guarde

Tivemos unha visita moi especial: Os rapaces da gardería EIM Agra do Orzán viñeron a coñecer o cole de maiores!

Na biblioteca gozamos co Polo Pepe, e despois libremente experimentaron cos contos.

Os nenos/as portáronse fenomenal, volvede cando queirades ao voso cole!

LEMBRADE O DÍA DAS PORTAS ABERTAS FAMILIAS: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 18H.

Non faltedes. 

SAMAÍN NA AULA DE 5º B

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Samaín na aula de 5ºB EI

Os pequechos/as de 4 anos B levamos unhas semaniñas traballando coa temática do Samaín que tanto nos gusta. Aquí vos mostramos algunhas fotos das cousiñas que fixemos: cociñar unha merenda de Samaín, xogar con xogos de mesa terroríficos, facer apócemas con materiais pringosos e celebrar esta festa convertidos en meigas, monstros, demos e outras criaturas. Todo moi horripilanteeeee!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut