Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.

Ver documento adxunto

INICIO DE ADMISIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL NO CMUS Coruña (Conservatorio)

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Vai abrirse o prazo para as probas de acceso a 1ºgrao elemental ao CMUS Profesional da Coruña (Conservatorio) que abrangue desde o 25 de abril ao 12 de maio, tendo toda a información na propia páxina web do CMUS http://www.cmusprofesionalcoruna.es
 
 
 
A estas probas de acceso podería presentarse os nados a partir do ano 2014 e non avalían coñecementos musicais senón aptitudes. Neste enlace atopamos os contidos e normas das probas de acceso http://www.cmusprofesionalcoruna.es/accesos/contidos-e-normas-das-probas-de-acceso/
 
O CMUS Coruña tamén conta cun Proxecto para alumnado con NEE cunha proba de acceso con especificacións e unha organización das ensinanzas adaptada. A información aparece en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/o-centro/alumnado-con-nee/
 
Ademais, desde o CMUS sempre organizan unas xornadas de portas abertas á que habería que anotarse no prazo do 4 ao 18 de abril. No seguinte enlace estaría a información http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2022/03/XORNADAS-PORTAS-ABERTAS-1.pdf
 
Saúdos.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control covid-19 no ámbito educativo - 1/4/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control covid-19 no ámbito educativo - 1/4/2022

No documento adxunto teñen a devandita información

Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36634

 

Saúdos.

RECUNCHO DO XOGO DE SEMANA SANTA 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

11,12 e 13 de abril de 2022. RECUNCHO DO XOGO - CCM SAN DIEGO E MONELOS - CONCELLO DE A CORUÑA

 

 RECUNCHO DO XOGO DE SEMANA SANTA 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

 

 

PREINSCRICIÓN Dende as 08.00h do 31 de marzo ás 23:59h do 2 de abril. Poderase facer de duas formas:

 

 

 

1- EN LIÑA : Nesta páxina web do Concello www.coruna.gal/serviciossociales atoparás un link coas indicacións que debes seguir para a preinscrición.

 

 

 

2- POR TELÉFONO: En caso de non ter acceso a internet, pódese realizar a preinscrición chamando o nº de teléfono 603 705 338.

 

 

 

DIRIXIDO A Nenas e nenos de 4 a 12 anos (deberán telos cumpridos no momento da preinscrición)

 

DATAS DE REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE 11, 12 e 13 de abril do 2022

HORARIO

 

Horario xeral: 10.00 a 13.30 h

 

Horario ampliado: 9.00 a 14.00 h

 

CUSTO: 7 euros/menor

 

 

 

✔A admisión será por orde de preinscrición, asignaráselle un número de solicitude que recibirá o correo electrónico que indique no formulario.

 

✔Terán preferencia as nenas e nenos empadroados no Concello da Coruña

 

981184368/981189817

Extensión 88577

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Para a súa información comunicámoslles que:

o sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

AVISO ÁS FAMILIAS. USO DE MASCARILLAS NO EXTERIOR (Patios)

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

"O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España."

Polo tanto, o alumnado no tempo de lecer no patio levarán ou non mascarilla segundo as súas familias o decidan, e dende o centro, deixarase de recomendar o seu uso, simplemente, quen a queira levar a leva o quen non queira non a leva.

 

Grazas pola súa colaboración. Un saúdo.

A dirección.

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2022/2023

AVISO ÁS FAMILIAS - BOLSAS MUNICIPAIS COMEDOR 22/23

 

O 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

 

 

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

 

No documento adxunto teñen o cambio nos protocolos COVID19.

A modo de resumo: os contactos estreitos débense de comunicar polos afectados/as.

Do mesmo xeito, infórmase que atendendo a isto e dado que xa non suministran máis test de saliva, non se darán máis test de saliva posto que o centro xa non é o que comunica os contactos estreitos.

En calquera caso, o centro seguirá comunicando os casos positivos que aparezan na aplicación EDUCOVID ao grupo clase do que pertenza o positivo, pero lembramos que non se comunican contactos estreitos na aplicación.

Un saúdo.

A dirección.

MESTRA DE OBRA

 

Estimadas familias,

O xoves 3 de marzo tivemos un encontró con Fermín, coordinador do proxecto Mestra de Obra, no que está inmerso o noso colexio.

A continuación facilitamos a presentación para que poidades ver o tratado na reunión.

Un saúdo.

  

.

ENTROIDO 2022

O venres 25 de febreiro celebramos o entroido na nosa escola. O tema dos disfraces foi o do proxecto "Qué frío!", e desfilamos con eles ao rítmo da música. Qué ben o pasamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut