ANPA. Conferencia sobre Primeros Auxilios

 

O ANPA Casco Vello quere invitarvos a unha conferencia sobre PRIMEIROS AUXILIOS a cargo de TES Galicia.

 

DATA: mércores 17 de abril

 

HORARIO: 17:00 a 19:30

 

LUGAR:  Biblioteca do colexio

Reserva plazas IES Politécnico

Informámoslles que todas as solicitudes de reserva de admision para o curso 2024/2025 foron admitidas para cursar 1º ESO no IES Politécnico.

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

 

 

(...)

De acordo co exposto determínanse as seguintes pautas a implantar nos centros educativos, que se identifican como boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar:

 

   Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

    Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias  e extraescolares.

   Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de necesidade médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.

Powered by Drupal - Design by artinet