Skip to Content

Curso 2013/14

ANIMACIÓN Á LECTURA

XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura. Alumnado de distintos cursos achegarase á Galería Sargadelos nas sesións de contacontos "...Outro conto, mamá".  Nas imaxes os grupos de 1º de primaria.

CICLISMO

O Colexio participou no programa escolar "La Vuelta Junior 2014" no que o ex-ciclista Gustavo Rodríguez impartiu sesións teóricas e prácticas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para fomentar este deporte.

CONCERTO

Os grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria asistiron no Auditorio de Galicia á representación da obra "A Frauta Máxica" a cargo da Banda Municipal de Música e a compañía Viravolta Títeres. Como mostra poñemos algunha imaxes da saída de 3º e 4º.

 

LIGAZÓN CO PROGRAMA E A GUÍA DIDÁCTICA

SIMULACRO DE INCENDIO

Realizado con éxito un simulacro de incendio no que se evacuou á totalidade do alumnado do Centro.

As imaxes corresponden á entrada principal.

MAXIA

Día de maxia para o alumnado de infantil e 1º de primaria coa actuación do  ilusionista Martín Camiña.

HORTO ESCOLAR

Escolares de 5º, coa colaboración dos grupos de 3º, plantaron no horto escolar leitugas, cenorias, xirasois e remolachas.

LIMPEZA DO RÍO SAR (II)

Segunda xornada de limpeza nas Brañas do Sar, por parte de alumnos/as de 5º de Primaria e de 6ºA.

CONTO VIAXEIRO

Ligazón ao blog do Conto Viaxeiro do Concello de Santiago. Pasou polo CEIP Ramón Cabanillas para alumnos/as de 3º de Primaria.

CONTACONTOS

Anxo Moure estivo co alumnado de Infantil e 1º Ciclo de Primaria disfrutando dunha sesión dos seus Contos Solidarios

CONCERTO

Os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria asistiron a un concerto didáctico na Escola Municipal de Música. Coas imaxes de fondo do libro "Mamá", interpretaron cantos de berce tradicionais de distintas partes do mundo.

CHARLA

Encontro na biblioteca do Colexio co alumnado de terceiro ciclo de primaria da escritora galega An Alfaia para comentar a súa obra, en particular do libro que leron no último trimestre "O Recendo das Clementinas"

LIMPEZA DO RÍO SAR

Xornada de limpeza no entorno do Río Sar por parte da clase de 6ºB do CEIP Ramón Cabanillas e de alumnos/as de 1º da ESO do IES de Sar.

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore realizouse unha plantación no recinto escolar por parte de alumnos/as de Infantil e 3º de primaria.

Información publicada da edición impresa de La Voz de Galicia do 15 de marzo
 

CONTACONTOS

O pasado 14 de marzo, o alumnado de Educación Infantil tivo a oportunidade de disfrutar coa actuación do contacontos Iago.

CHARLA

Estivo co alumnado de 3º e 4º o ilustrador e escritor vigués Jacobo Fernández Serrano, explicando os pasos que segue no seu proceso creativo. Del os alumnos/as leron "Mil Cousas Poden Pasar I" e "Mil Cousas Poden Pasar II", así como "O Raposo e a Mestra" de Manuel Rivas, ilustrado por Jacobo. O autor tamén publicou un blog adicado a nenos e nenas que len, debuxan e escriben.

TALLER DE INSTRUMENTOS

Nos días previos ao Entroido, os alumnos/as de 5ºB coa colaboración dos pais/nais, elaboraron instrumentos musicais con materiais de refugallo que despois empregaron o día do desfile.

ENTROIDO 2014

 

Galería de imaxes do Entroido 2014

CIRCUITOS


Traballos de investigación de aula realizados coa colaboración das familias

4ºA 4ºB

CONCERTO

Os alumnos/as de 2º de primaria asistiron o 11 de febreiro ao concerto da Banda Municipal de Santiago e Odaiko Percussion Group no Teatro Principal. O espectáculo narraba as peripecias dun grupo de percusionistas que, viaxando polos pobos de España, mostran diferentes melodías e ritmos, dende unha muiñeira ata unha samba.

CHARLA SEGURIDADE EN INTERNET

Os axentes especializados en Seguridade na Internet da Comisaría de Policía de Santiago ofreceron ao alumnado de 5º e 6º unha charla sobre os riscos do uso de internet e as redes sociais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut