Ciencias Naturais/Sociais

GRANXA-ESCOLA

  PRESENTACIÓN FEITA POLO ALUMNADO DE 5ºA


 

O RELEVO DE GALICIA

As nenas e nenos de 5ºA estudan o relevo de Galiza a través dunha canción. Cada quen escolle o ritmo ou música de fondo para cantala, aquí tedes un exemplo:

E aquí podedes escoitar unha recopilación das distintas cancións:

"MULLERES E CIENCIA"

Janette Rodríguez (nai de dous alumnos do Centro), Andrea López e María García son tres mulleres científicas que traballan no CIMUS no equipo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson, dirixido polo doutor Labandeira. Con elas aprendimos moitas cousas e ata precipitamos ADN!!! e con elas rematamos en 2º e 5º de primaria o ciclo de charlas da USC "Mulleres e Ciencia"

CHARLA

Continuando coas charlas divulgativas da USC sobre a conmemoración do 11 de febreiro do "Día Internacional da Muller na Ciencia" nesta ocasión asistiron os alumnos e alumnas de 3º de primaria e 5º e 6º de infantil.

CHARLA

As nenas e nenos de 4º aprendimos moito sobre a ciencia e a investigación, tamén sobre o cerebro e o ADN!! Foi unha charla moi interesante e divertida.

OBRADOIRO SOBRE A AUGA

Organizado por "Augas de Galicia" e coa colaboración de Sonia, nai dunha alumna, realizouse unha actividade para 4º de primaria sobre a auga e os residuos.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita á Central Leiteira CLESA en Caldas de Reis dos grupos  de 5º e 6º de primaria.

CHARLAS DIDÁCTICAS

Dende o luns 11 ata o mércores 13 de febreiro todo o alumnado do Centro asistiu ás charlas sobre a prevención de incendios, organizadas por Voz Natura e a Garda Civil de Brión (dentro do Plan Director) sobre a prevención de incendios e protección da natureza.