Skip to Content

INSCRICIÓN RUTAS COLECAMIÑOS

         Ficha de inscrición nas rutas de colecamiños para o curso 2017/18 (Envíase tamén ás familias)

 O proxecto plantéxase para escolares de 3º curso en adiante, polo que sería convinte a inscrición desde o alumnado que remata 2º curso, xa que daría comezo no vindeiro curso. Tamén  hai pais e nais interesados en formar parte dos pecorridos acompañando a seus fillos e fillas de menos idade. 

Por parte da Policía Local, a comezos do próximo curso:

     Impartiranse charlas informativas e de formación en estratexias de uso seguro e responsable das vías públicas nas aulas, dos cursos de 3º en adiante. Durante horario lectivo. 

     Na mesma xornada, posta en práctica con saídas pola rutas que se poñan en marcha.

     Presenza nas rutas as primeiras semanas de activación para reforzo.

Achegamos un folleto explicativo para as familias que non poideron estar presentes na xuntanza do pasado 16 de maio.           



page | by Dr. Radut