Si eres usuario: Acceso

Quinto de primaria

BENVID@S ao noso BLOGUE!

Ola a tod@s, xa estamos aquí!  

Somos o grupo de 5º de primaria do noso cole.

Comeza un novo curso para nós: nova etapa, novas aulas,

nov@s profes, novas sensacións,...e tamén un novo blogue,

onde intentaremos deixar pegadas do noso bo facer, para

que sexa unha ventá aberta ás nosas aulas e, por suposto,

fóra delas tamén.

Si queredes ver como nos foi na nosa primeira saida ao

Museo de Historia Natural da USC, preme na foto!

 

 

                           

MEDO

Conta a lenda que nun pobo abandonado unha familia mercou unha casa. Co tempo chegaron ao pobo  moitas familias e ocuparon máis casas.

Un día a familia foi a un mercadiño e mercaron un cadro dun pallaso. A nena íbao colgar pero o pallaso moveuse. Un pouco despois soou o teléfono e a nena colleuno e escoitou como ao outro lado alguén diciía:

-Se non vas á casa da túa amiga matarei a alguén da túa familia.

Ela non podía facer o que lle mandaban porque a casa da súa amiga estaba a cinco rúas da súa. 

Ao día seguinte cando a súa nai foi colgar a roupa viu que o seu fillo estaba morto e o pallaso do cadro tiña un dedo levantado.

 

Distribuir contido