Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste ano sí puidemos conmemorar conxuntamente a data do 25 de novembro, tan sinalada no calendario, para recordarnos que debemos seguir loitando contra a violencia en calquera das súas facetas

Todo o colexio xuntámonos, no patio exterior, para unir as nosas voces e rexeitar todo tipo de violencia, lendo un manifesto e tamén para cantar, tocar e representar en linguaxe de signos a canción "A porta violeta", que, traducida ao galego, xa forma parte do noso repertorio musical!!

 Podedes ver un par de montaxes fotográficas, os cartaces creados co alumnado cos lemas reivindicativos e o video de todo o cole cantando "A Porta Violeta" premendo aquí.

Ver o manifesto AQUÍ  

 

 

Ademais todo o centro, traballamos esta temática nas aulas arredor do conto "O CHUVASQUEIRO DE AURORA", de María Márquez, e recollemos en papeis palabras, frases ou lemas cos que rechear un gran chuvasqueiro que se pode atopar na entrada do noso colexio. Así mesmo, nas nosas ventás visualízanse grandes cartaces morados con lemas ou palabras reinvindicativos que ilustran o sentir do alumnado ante este tipo de actos violentos contra a muller e, por extensión, contra calquera persoa.

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021_22

Aquí vos deixamos os dous contos presentados ao concurso "Tíralle da Lingua". 

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes seguir dando o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

PREMIO INTERNACIONAL de Radio Escolar SCHOOLS 21C

Este venres recibimos na Universidade de Santiago, o  Premio no Concurso Internacional de Radio Escolar "Schools 21C"

Un evento organizado dentro do Proyecto Europeo Schools 21C. Os obxectivos do mesmo son visibilizar a preparación do profesorado e alumnado nas competencias mediáticas entre todos os profesores/centros de; España, Portugal, Italia e Lituania. Dando a coñecer as súas experiencias de creación de programas de radio para estimular a innovación nas múltiples competencias que nos ofrece este medio.

Entre os contidos presentados, acadou un éxito e recoñecemento total do xurado a traballo feito co alumnado de 6ºB o curso pasado na serie de Radio-tetro "Destino Escuro". Moitísimos parabéns a todos os discentes participantes!!

Aquí vos deixamos o link para escoitar os catro capítulos da serie:

https://soundcloud.com/oscar-suarez-carbia/sets/destino-escuro-1-temporada

Quremos agradecer a todas as entidades organizadoras e socios este gran recoñecemento ao noso traballo!!

Universidade de Santiago de Compostela (ESPAÑA) Entidade impulsora da Actividade.

Agencia Nacional de Educación (LITUANIA)

Radio Coruña SL - Cadena SER (ESPAÑA)

Fundación pública Gallega Centro Tecnológico de Supercomputación de Galicia. (ESPAÑA)

Scuola Secondaria Di Primo Grado A. Criscuolo (ITALIA)

Agrupamento de Escolas de Barcelos (PORTUGAL) 

ERASMUS+ Programa Europeo

Premio Schools 21C    Schools21C_2

Máis fotos e videos aquí

SAMAÍN 2021

Aqui vos deixamos unha mostra das actividades desta fermosa e importante celebración dos nosos antergos Celtas!! Agardamos que vos preste!!

SAMAÍN 2021_22

O venres 29 de Outubro celebramos no cole o “Samaín. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. A nosa homenaxe a esta tradición tan antiga vai estar repleta de actividades didácticas ao longo desta semana

Por suposto, non faltará (este ano si), a tradicional EXPOSICIÓN de CABAZAS!!

Os pequechos de Ed. Infantil e Primaria poderán desfrutar de moitas outras actividades durante esta semanar: Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, talleres de pintura...

E o vindeiro 12 de novembro, faremos o tradicional "Magosto", ao cal, debido ao protocolo COVID vixente, un ano máis, non poderán acudir as familias. A festa estará acompañada de diversas actividades a maiores da tradicional "castañada"!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podedes coñecer máis   cousiñas sobre a orixe Celta desta festa aquí.

Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS

Recurso 1 aquí

Recurso 2 aquí

Recurso 3 aquí (A Vendimia)

 

Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

- Propostas do Portal da Lingua Galega:

Unidade didáctica 

Actividade interactiva 

Actividade Interactiva 2

 

Ao final da festa cantaremos e tocaremos co ukelele a citada creación musical, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo: “O SamaGosto”.

 

 

 

Mira este video e baila a danza da momia exípcia

 

 

"ORIXE DO SAMAÍN(VIDEO-CREACIÓNS E PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL)

 

 

NON VOS PERDADES ESTOS DOCUMENTAIS SOBRE O LEGADO DOS CELTAS!!

Tentaremos editar unha versión reducida do recurso, pero a meirande parte do mesmo, non te desperdicio para entender a a vida dos nosos antepasados castrexos. 

 (Anterior banco de recursos eliminado pola problemática derivada da recente eliminación das páxinas e recursos creados coa ferramenta "flash player")

ENREGUÉIFATE 2021

 Aquí vos deixamos a nosa candidatura deste ano ao "Enreguéifate 2021". Unha regueifa con temática COVID á que non lle falta a retranca e sátira propias deste xénero. Un aplauso para "Os Ramalloseir@s"!! E que a sorte nos acompañeGuiño

A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Como unha das actividades para celebraren o día das letras galegas, o Equipo de EDLG do centro, en coordinacións cos demáis Equipos de traballos (Bibliotecas Escolares, Extraescolares, TICs...) Tivo a idea de dobrar un episodio da serie infantil: Patrulla canina.

Xurdiu pola faceta de tradutora da homenaxeada deste ano, e a preocupación que ten o profesorado do centro pola perda de crianzas galego falantes. Un dos motivos da perda de léxico na nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán prodúcese polo visionado dos deseños animados por parte do alumnado que non ten opción de ver na lingua galega. Especialmente das series de animación actuais máis demandas pola cativada.

Esta actividade está vinculada tamén ao Obradoiro de Radio Teatro que estivemos traballando este ano no centro. Podedes escoitar todo o episodio no Podcast que vos deixamos ao final da publicación.

Ramalloseiros!! Ramalloseiras!! Agardamos que gocedes un montón desta nova misión da Patrulla Canina!!

Premede na imaxe para ver ou descargar o episodio EN VIDEO.

E no seguinte video podedes visionalo directamente na web (comprimido)

 
Podcast Radio Ramalloseir@s

AS LETRAS GALEGAS con XELA ARIAS - RADIO TEATRO

Neste ano 2021, queremos conmemorar unha das datas máis significativos para a nosa lingua galega; o 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  e nesta ocasión, da man da escritora, poeta e tradutora XELA ARIAS.

Para coñecer un pouco da súa vida e obra compartimos diversos recursos clicando no seguinte symbaloo

 

 

 

RADIO TEATRO ESCOLAR

Esta semana das Letras, ESTREA DA SERIE "DESTINO ESCURO". Segue a publicación dos diferentes episodios nas datas indicadas. Poderás escoitalos premendo nas imaxes!!

Ep.1 "A Lenda de Edlemiro" (10-05-21)            Ep.2 "A cova segreda" (11-05-21)

Destino Escuro cap1Destino Escuro cap2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Ep.3 "Poderes desafortunados (12-05-21)        Ep.4 "Salvación ou perdición" (18-05-21)

Destino Escuro Ep.3 Destino Escuro cap4

 

 

"A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA"  

E O VINDEIRO MARTES 18 de Maio...

ESTREA DA PRIMEIRA ENTREGA MUNDIAL EN GALEGO DA SERIE "A PATRULLA CANINA".

Desta volta, cunha misión ben importante; "A patrula canina salva a Lingua Galega"

Un traballo para fomentar o uso da lingua galega entre os máis cativos/as

Producido, dobrado e musicalizado polos mestres/as do

"Equipo de Dinamización da Lingua Galega" do Centro.

Patrulla canina 

- ESTREA: MARTES 18 DE MAIO -

     Está a piques de saír do forno xa Guiño

 

 

IMAXES DE ACTIVIDADES QUE SE LEVARON A CABO PARA CONMEMORAR ESTA DATA O DÍA 14 DE MAIO:

- XOGOS POPULARES: CADEIRAS MUSICAIS, ZANCOS, ARRASTRAMORTOS, PANO, RELEVOS,...

 

- A MÚSICA FOI A NOTA DOMINANTE NESTE DÍA DE FESTA E DE XUNTANZA: PASODOBRE de A ILLA (Santa Comba), PASODOBRE de MARFULO (A Laracha), BLUES DA CONVIVENCIA, coplas de MAIO entre outras pezas 

A continuación pódese ver algunhas fotos dos distintos momentos e un vídeo recopilatorio das pezas musicais das que gozamos

 

     

    

 

 video recopilatorio


 

 

- XANTAR COMPARTIDO, COCIÑADO DENDE O COMEDOR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, CUN MENÚ ESPECIAL ESCOLLIDO PARA A OCASIÓN (CADA GRUPO COMEU NA SÚA PARCELA OU EN MESAS SEPARADAS, NO CASO DO ALUMNADO DE INFANTIL)

 

 

8 M - "Día Internacional da Muller"

Como ben sabedes, o luns reivindicamos o "Día Internacional da Muller"

Aquí vos deixamos un SYMBALOO, con recursos para traballar contidos educativos relacionados con esta temática.

Premede na imaxe!!

8M_Día Internacional da Muller

Por que? E por que o 8 de marzo?

Esta data elixiuse para conmemorar dúas importantes folgas de traballadoras que se produciron en 1857 e 1908. Considérase que ambas ocorreron un 8 de marzo!!

A primeira delas protagonizárona as mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York. Naquela época, a maioría de empregados do sector eran mulleres, que traballaban máis de 12 horas diarias cun salario moi baixo, no cal, ademais, existía unha gran brecha salarial.

As xornadas laborais esgotadoras e estas pésimas condicións de traballo, fixeron que as mulleres organizasen unha folga. Organizaron unha marcha pola cidade para reivindicar os seus dereitos, aínda que o que recibiron foi unha gran represión por parte da policía.

En 1908 produciuse outra revolta en Estados Unidos. Neste caso, 40.000  costureras de moitas grandes fábricas do país declaráronse en folga para reclamar a igualdade de dereitos, entre outras reivindicacións. 

Nunha delas,  Cotton Téxtil Factory, en Washington  Square, ocorreu unha traxedia. Os donos desta empresa pecharon as portas das fábricas onde se atopaban as mulleres. O suceso tráxico produciuse por un incendio nese edificio, o que provocou a morte de 120 mulleres. 

Desde 1911 celébrase o Día da Muller Traballadora, aínda que non foi ata 1975 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas establecese este día como o "Día Internacional da Muller". 

Por sorte, temos avanzado moito nesta loita. Especialmente, na maioría dos paises "desenvolvidos".

Pero compre seguilo a facer! Buscando un mundo mellor en todos os paises e culturas do planeta! No que os dereitos de todos os homes e mulleres camiñen á par.

 

COMUNICADO DAS MULLERES DO CEIP DA RAMALLOSA POLO 8M

Estimadas familias: O luns 8 de marzo é o “Día da Muller”, data na que se intenta visibilizar a desigualdade social que sufrimos as mulleres. Este ano é aínda máis importante destacar as innumerables discriminacións que estamos a sufrir, agravadas claramente durante a pandemia. O corazón pídenos secundar a folga convocada para ese día, máis somos conscientes que na situación actual é moi complexo e podemos poñer en risco a seguridade que tanto esforzo nos custou este curso acadar no centro. Por iso, a maioría das traballadoras do colexio decidimos acudir ao noso posto de traballo a pesares de apoiar totalmente a convocatoria, e queremos deixar constancia do noso sentir. Desenvolveremos unha xornada escolar segura pero ao mesmo tempo activa, con achegas didácticas que axuden a seguir, paso a paso, construíndo unha sociedade máis xusta. Cuestións que ademais forman parte do currículum e que como ben sabedes tratamos de abordar transversalmente e continuamente no día a día na nosa tarefa educativa.

ENTROIDO 2021

Premede na imaxe para poder ver ou descargar as fotos deste entroido no centro.

Como sabedes, por mor da alerta sanitaria do COVID19, este ano estivemos moi limitados na programación do mesmo. Pero a pesares disto, tentamos por todos os medios que os cativ@s pasaran un día diferente e divertido, como a ocasión o merecía.

Agradecementos:

- A todos os discentes e familias pola súa colaboración, disposición e bo facer.

- A todo o equipo de profesionais do CEIP da Ramallosa pola súa implicación nestes tempos tan difíciles que nos está tocando vivir a tod@s.

- A Xurxo, o profe de prácticas de Ed. Musical, polo seu traballo ao fronte da cámara para esta reportaxe fotográfica.

Trataremos tamén de facer unha pequena montaxe de video coas fotos.

Agardamos que vos guste!!

Entroido2021_2

Entroido2021

 

Distribuir contido


by Dr. Radut