Skip to Content

Blogue de Laura

INSTALACIÓN DA PRIMAVERA

Escoitamos de fondo A primavera de Vivaldi e libremente observamos, apañamos, colocamos e creamos. Esta actividade favorece a nosa relaxación e a nosa creatividade.

 

  

  

 

 

MATES DIVERTIDAS

Esta semana fixemos actividades matemáticas divertidas coas que aprendemos e reforzamos os nosos conceptos:

- Medición con cinta métrica e regras:

  1.Medimos e rexistramos o que medra o noso limoeiro. 

  2. Trazamos liñas co número de centímetros indicado.

- Sumas: sumamos con policubos, pedras, madeiras, etc. Anotamos o resultado e sinalamos na recta numérica. Despois da tarefa manipulativa, rexistramos en papel.

- Números ordinais:

1. Pintamos na fronte o número ordinal que nos corresponde da lista de aula e xogamos a nos ordenar. Ao saber os nosos postos, bailamos libremente e ao parar de soar a música, voltamos a nos colocar respectando os ordinais.

2. Rexistramos a lista de aula en papel.

 

 

 

 

ACABAMOS O TRIMESTRE

O último día puxemos tatus de primavera e tivemos sesión de filme e pipocas. Desexamos que teñades unhas súper vacacións! Vémonos o 19 de abril!

 

 

 

XOGOS DO MUNDO

Participamos nunha sesión de xogos do mundo coa asociación Biosbardos. Grazas por este día lúdico e divertido!

 

 

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

Este trimestre fixeron 6 anos as nosas compañeiras Leire, Emma e Aless. Parabéns!

 

 

RELAXACIÓN CON TESOIRAS

Ao virmos da biblioteca, agardábanos unha actividade moi relaxante: música suave, tiras de papel continuo con trazos diferentes e tesoiras. 

 

 

 

 

VIMES: FACEMOS A MAQUETA.

Como xa lembraredes, deseñamos unhas instalacións de vimes (en papel) e despois coa axuda do noso súper Ernesto puidemos facelas realidade. Esta semana fomos ao patio a observar e construir a nosa maqueta. Gostamos moito desta actividade!

 

 

 

 

LÓXICA-MATEMÁTICA MANIPULATIVA

ACTIVIDADES CON REGRAS:

- Traballamos libremente e descubrimos para que serven. Medimos obxectos, as nosas mans, pés... Continuaremos a facer máis actividades no terceiro trimestre.

REGRETAS:

-Ordenamos as cartas segundo o seu valor e procuramos a mesma cantidade coas regretas. Esta actividade axuda na asimilación das sumas e do concepto de cantidade.

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO:

- Contamos os días de sol, chuvia...

- Representamos a cantidade con policubos.

- Rexistramos en papel.

  

 

 

PLANTAMOS ÁRBORES

Viñeron un axente forestal e os bombeiros para axudarmos a plantar árbores no patio. Nós plantamos carballos en forma de círculo para conseguir unha cabana nun futuro. Traballamos moitísimo, facía calor e os bombeiros forestais refrescáronnos coa mangueira. Aprendemos cousas moi interesantes! Moitísimas grazas, súper heroes das árbores!

OBRADOIRO DE EXPERIMENTACIÓN LIBRE

Ao abrirmos a porta do salón de actos, escoitamos unha música ambiental e observamos dúas zonas de obradoiros. Libremente experimentamos cos materiais. Foi unha actividade moi creativa, relaxante e divertida.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut