Skip to Content

Blogue de Laura

MATES DIVERTIDAS

NA NOSA SESIÓN DE MATES TRABALLAMOS COAS REGRETAS DE CUISENAIRE:

-O CONCEPTO VERTICAL / HORIZONTAL.

- OS POLÍGONOS DE TRES LADOS (TRIÁNGULOS ESCALENOS,     EQUILÁTEROS E ISÓSCELES ).

- PLASMAMOS NO PAPEL A NOSA ACTIVIDADE.

BENVID@S AO COLE!

HOXE FOI UN DÍA EMOCIONANTE! SAUDÁMONOS, FALAMOS E OBSERVAMOS QUE GUAP@S ESTABAN @S COMPAÑEIR@S. DESPOIS, XOGAMOS A ADIVIÑAR POLO TACTO QUE AMIG@ TIÑAMOS DIANTE. HOUBO ACERTOS E ISO QUE ERA BEN DIFÍCIL!

  

  

DIAS DE CIENCIA 5 E 6

 

Os experimentos 5 e 6 están relacionados entre si, os dous tratan sobre a tensión superficial dos líquidos.

 

O xoves 18 de xaneiro observamos como as pingas de colorante que puxemos  no leite facían debuxos artísticos cando lles tocaba unha pinga de xabón.

 

 

 

O xoves 25 de xaneiro observamos a tensión superficial da auga empregando palillos. O barreño de auga era difícil que estivera quieto e os palillos movíanse pola superficie da auga. O ideal e que non se movesen porque no momento de agregar o xabón saen disparados. Ao final acabamos poñendo un vídeo en internet para ver mellor o que sucedía.

 

 

Tivemos un parón nas actividades de ciencia durante unhas semanas porque a preparación do entroido non nos deixou moito tempo pero en breve retomaremos esta actividade tan divertida. E seguramente continuaremos vendo propiedades dos líquidos porque nos encanta xogar coa auga.

 

CONTACONMIGO XANEIRO

Chegou xaneiro e imos ver o resumo das diferentes visitas durante os días do CONTACONMIGO.

O xoves 11 estivo con nós Luz, a madriña de Sara. Contounos a conto "Ganapán das palabras". Era como un trabalinguas e fixonos tanta gracia que o libro quedou para facer préstamo e levar á casa. Seguro que logo vos aparece na mochila.

O mércores 17 veu visitarnos Verónica, a mamá de Martín. Escolleron un conto da serie de Teo, concretamente "Teo vai ao parque acuático". Lembrounos moito o bo tempo. Xa temos ganas de que chegue o verán e xogar coa auga.

O xoves 25 estivo na aula Lisiane, a mamá de Joao. Trouxo un conto moi emotivo sobre dous pingüíns machos que querían ter un bebé. Titúlase "Con Tango somos tres" e encantounos ver sair do ovo a Tango.

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO

DIA DE CIENCIA 4

Comezamos o novo trimestre con un experimento moi divertido o xoves 11. Fabricamos unha lámpada de lava caseira.

Tivemos que recordar que a auga e o aceite non se mesturan por moito que o intentemos, ademáis engadimos colorante vermello á auga para que quedase máis vistoso. Empregamos pastillas efervescentes para que se xenerasen burbullas.

O mellor foi cando apagamos as luces e colocamos o móbil coa lanterna: semellaba tal cual unha lámpada.

CONTACONMIGO DECEMBRO

O luns 4 de decembro veu Chus a compartir un ratiño con nos. Trouxo  para leer "Unha aventura espacial" de Mickey Mouse. Foi divertido axudarlle a Mickey a xuntar as estrelas que precisaba.

 

A seguinte semana, Bárbara, trouxo a historia do extraterrestre Celi "Camiño das estrelas". No conto o extraterrestre visita Santiago.

 

O xoves 21 para rematar o trimestre tivemos sorpresa e veu leer o conto Pedro (irmán de Eva). Leeunos unha historia moi fermosa "Papá, por favor, consegueme a lúa".

 

GRACIAS A TODOS POLO VOSO TEMPO

 

 

DIA DE CIENCIA 3

O último experimento deste trimestre foi o xoves 14.

 Que poderíamos facer con unha vela, un vaso, un plato e auga?????

Primeiro pensamos porqué ardía a vela, investigamos que sucedía cando a tapábamos co vaso.

Cando descubrimos que sen aire a vela se apaga probamos a facer o mesmo pero esta vez engadindo un pouco de auga no plato.

Houbo que repetir moitas veces porque nos costaba ver que a auga entraba dentro do vaso cando a vela se apagaba.

 

CONTACONMIGO NOVEMBRO SEGUNDA PARTE

O xoves 23 Sandra veu a contarnos "Max e Mia no espacio". O conto traía troquelables asi que puidemos ver as personaxes de cerca.

 

 

O xoves 30 pasou a visitarnos Iria coa historia "Aviones" un dos contos favoritos de Marcos. Incluso nos diexou quedar o conto para que puidesemos velo toda esa mañá.

 

 

MOITAS GRACIAS POR DEDICARNOS UN POUCO DO VOSO TEMPO

DIA DE CIENCIA 2

 

O experimento deste xoves veu da man de Eva, que xa hai uns días nos truoxo un vídeo donde explicaba como meter o universo nun bote.

Pulsade aquí se queredes ver o vídeo.

Todos colaboramos para poder crear o noso propio universo.

DIA DE CIENCIA

Esta semana iniciamos unha nova actividade: "DIA DE CIENCIA".

Todos os xoves faremos un experimento na clase. Como noso espazo é limitado non resulta sinxelo crear un recanto permanente donde eles podan experimentar.

Con experimentos sinxelos achegarémonos ao mundo que nos rodea e intentaremos sentirnos verdadeiros científicos.

O experimento desta semana estivo dedicado a dous líquidos que non son moi amigos entre si.

Logo de probar varias versións, axitar os líquidos, facer as nosas hipóteses e observar o que pasaba este foi o resultado.

E como vos científicos despois de experimentar plasmamos en papel o que pasou, para non esquecer.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut