Skip to Content

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE COMO COLABORADORAS/ES DE COMEDOR

Segundo se solicita nas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a xestión dos comedores escolares, ábrese o prazo para inscribirse como colaboradoras e colaboradores deste servizo para o curso 2020-21.

Esta función é imprescindible para o desenvolvemento normal do comedor.

O prazo estará aberto ata o día 11 de setembro, pero para asegurar o funcionamento do servizo precisamos ter colaboradoras/es apuntados o antes posible.

Pódese facer por teléfono ou por correo electrónico facilitando os seguintes datos:

- Nome e apelidos da persoa voluntaria

- Nome e apelidos do fillo ou filla matriculada no centro

- Nivel no que está matriculado para o curso 20-21

Quedará exposto no taboeiro do centro o Anexo IV que corresponde á publicidade desta convocatoria.

Neste enlace pódese ver tamén o anexo IV das mencionadas instrucións.

AnexoTamaño
ANEXOIV_colaboradoras.pdf43.66 KB


page | by Dr. Radut